Máis galego
O programa percorre Galicia de punta a punta, recalando cada semana nunha comarca distinta. O punto de partida en cada localidade é a praza da vila , onde o equipo do programa vai na procura dos concursantes de cada edición, veciños da vila que deberán ser convencidos para participar. Estes son abordados na súa casa, no seu traballo e mesmo nos seus momentos de ocio.
“Máis Galego” estrutúrase en tres grandes probas que os concursantes teñen que superar: unha proba cultural, onde deben demostrar os seus coñecementos sobre a cultura, tradicións, historia e costumes da vila onde se desenvolve o programa; unha proba sobre xogos tradicionais e populares de Galicia, e “O reto galego”, que ten que ver cos oficios, a gastronomía e o folclore da localidade.