Programas
Programas que comezan co "V"
-
Vaia choio!!
Programa en que se presentarán os traballos máis duros, arriscados e desagradables de Galicia. Presentado por Simone Negrín, un italiano asentado en Galicia, que adoptará no programa o papel de Francesco Negroni, ‘Vaia Choio’ percorrerá Galicia en busca daqueles traballos que fan a vida máis cómoda.
-
Vidago Palace
A serie narra unha historia de amor nun contexto histórico extraordinario e nun ambiente tan espectacular como o luxoso hotel balneario aberto en Vidago, no norte de Portugal e preto da fronteira con Galicia, a comezos do século XX para acoller o máis selecto da sociedade europea.
-
Vidas de pazo
Un programa en que se amosa a realidade dos tradicionais pazos de Galicia nestes primeiros anos do s. XXI a través dos testemuños das persoas que os habitan de forma habitual ou por tempadas.
Dirixido por José de Cora e presentado por José Manuel Vila Chantres.
-
Vivan as tardes!
Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez
-
Vivir aquí
En Vivir aquí, os reporteiros do programa percorren estradas, corredoiras e camiños para coñecer o que lles pasa cada día aos galegos
-
Vivir o mar
Este espazo, con vocación didáctica, está especializado na elaboración de reportaxes divulgativas sobre as actividades marítimas e pesqueiras de Galicia, un sector de importancia socioeconómica capital no noso país.