Programas
Programas que comezan co "P"
-
Padre Casares
Padre Casares amosa a vida nunha vila costeira galega, a través da ollada dun cura novo e urbano que non ten outra cousa que facerse cargo da súa igrexa, e do seu rabaño, así como das igrexas das vilas próximas.
-
Parlamento
Informa da actividade política de Galicia, do funcionamento e das últimas noticias do Parlamento de Galicia.
-
Pasaporte galego
“Pasaporte Galego” conta a historia dos descendentes deses galegos de pro que un día marcharon de Galicia para construír un futuro que non tiñan. Estes fillos de emigrantes viviron fóra da terra, pero nunca se desnaturalizaron nin perderon o seu inconfundible xene galego, ese que lles conferiu sempre unha identidade única.
-
Pazo de Familia
Deixando atrás o pasado, Sara e Cosme chegan a un mundo novo, estraño e luxoso, buscando un lugar en que cicatrizar a súas feridas e poder seguir adiante
-
Pescadores de historias
Programa sobre a singularidade da cultura mariñeira dos diferentes portos galegos, presentado por X.H. Rivadulla Corcón
-
Poemas audiovisuais da obra de Paz Andrade
Pezas audiovisuais da obra de Paz Andrade de carácter suxestivo, que están construídas sobre algúns dos versos máis significativos de Valentín Paz-Andrade, co obxectivo de dar a coñecer entre a cidadanía a produción poética do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
-
Polo rego
Lecccións da 'universidade do campo' nas que os 'mestres' nos descubrirán moitas cousas: todo canto dá o campo galego, desde os cultivos máis tradicionais ata as incorporacións novas nos regos de Galicia, ou facer textos e coidar a nosa natureza.