Programas
Programas que comezan co "M"
-
Máis galego
A paisaxe, a cultura, as tradicións e a historia dos pobos, vilas e cidades forman parte do desenvolvemento dun programa diario onde as parellas participantes teñen que demostrar que son merecedoras do título de “Máis Galego”
-
Mareas vivas
Mareas Vivas conta a vida cotiá dos habitantes de Portozás e os sucesos que veñen romper a tranquilidade habitual do lugar
-
Maridos e mulleres
En calquera momento, cando ninguén o espera, a vida pode deixar de ser tan tranquila como parece. Isto é o que lles ocorre aos habitantes da urbanización Os Anxos, arredor dos que se desenvolve o argumento desta serie
-
Medallas de Galicia
As 'Medallas de Galicia' son as distincións que concede a Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da nosa terra.
-
Mellor xuntos
Mellor xuntos é un programa dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas
-
Meniños cantores
Participan 17 centros educativos de Galicia e Portugal recreando cancións pertencentes á cultura popular e tradicional.
-
Merlí
A chegada de Merlí Bergeron, o profesor novo de filosofía, ao Instituto Àngel Guimerà, provocará reaccións adversas. Aínda que consegue meter os alumnos no papo, ao profesorado moléstalle a súa maneira de ser e de relacionarse cos compañeiros. Namentres, na casa, Merlí trata de recuperar a relación con Bruno, o seu fillo adolescente.
-
Método criminal
Comedia negra co narcotráfico como telón de fondo, dirixida por Jorge Saavedra e protagonizada por Luís Iglesia e Miguel Canalejo.