Programas
Programas que comezan co "C"
-
Come a comarca
Come a Comarca é o novo programa de televisión de Galicia en que cinco cociñeiros afeccionados viaxan a cada unha das comarcas galegas para coñecer os seus pratos típicos e enfrontarse aos mellores cociñeiros profesionais de cada unha facendo os pratos en que son especialistas.
-
Como galegos!
Tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia cóntannos os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia
-
Con Amor e compañía
Un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos para facer rir, presentado por David Amor
-
Cousas da casa
Vanessa Travieso, especializada na organización e a orde, entrará nos fogares máis desordenados de Galicia para organizar as súas vidas e súas casas
-
Criaturas
Reflectir o amor polo mundo animal nas súas múltiples vertentes é o obxectivo de Criaturas, que pretende ofrecer unha visión da relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, as súas doenzas, o papel dos veterinarios e outros aspectos desta índole.