Programas
Programas que comezan co "A"
-
As bólas máxicas
Áxil, forte e sen ningún sinal de maldade dentro de si, Goku diferénciase dos outros personaxes por ter un rabo de mono
-
As leis de Celavella
As Leis de Celavella é a primeira serie de intriga ambientada na Galicia de principios do século XX que emite a TVG . A serie, de estilo costumista, retrata un grupo humano cheo de posibilidades dramáticas e de comedia.
-
As Luces
Debates sobre cuestións que concirnen a sociedade galega presentados por Xosé Carlos Caneiro
-
Ata a cociña!
Os amantes dos fogóns descubrirán o chef Daniel Guzmán, quen cada día presentará receitas orixinais que farán dos pratos auténticos desafíos para os espectadores de ‘Ata a Cociña’. Tamén se achegarán galegos moi populares que lles amosarán á audiencia as súas habilidades culinarias.
-
Augasquentes
Esta serie de ficción conta en clave de comedia a historia dunha xuíza que volve á súa vila natal despois de 20 anos na cidade e que terá que afacerse aos novos costumes, amigos e veciños
-
Avenida de América
A vida dun grupo de mozos e mozas que estudan na escola de Hostalería e as súas relacións con pais e profesores son os temas de Avenida de América, que foi a primeira serie producida integramente pola Televisión de Galicia.