CRTVG

Buscar
Funeral por Manuel Fraga

Funeral por Manuel Fraga

20/01/2012 - 00:00 h

Funeral Manuel Fraga

Horas de emisión:

Sa
  • 12:00 / 13:30

A TVG ofrecerá este sábado desde a praza do Obradoiro o funeral por Manuel Fraga Iribarne na catedral de Santiago, un acto solemne que comezará ás 12.00 do mediodía e que rematará cara ás 13.30 horas, coa narración de Jesús Fontenla. A retransmisión cubrirá a chegada á catedral da comitiva de autoridades, encabezada polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto á familia, onde van ser recibidos por Julián Barrio, arcebispo da Diocese de Santiago; a misa funeral, onde un gaiteiro interpretará a Ave María de Schubert, e rematará con outro acto solemne que se desenvolverá na praza do Obradoiro, ao remate da misa.

    Autoridades e familiares, xunto ao público congregado na praza do Obradoiro, ofrecerán unha emotiva homenaxe como último adeus ao que foi presidente dos galegos, en que  actuarán douscentos gaiteiros da Real Banda de Gaitas de Deputación de Ourense, que interpretarán o Himno do Antigo Reino de Galicia, ao remate do cal se proxectará un vídeo de lembranza sobre a figura de Manuel Fraga Iribarne. Finalmente, tres novos cantantes interpretarán o Himno de Galicia.

    Do mesmo xeito que sucedera o martes pasado no funeral da capela de Perbes, a canle pública galega será a encargada de facer a cobertura televisiva da cerimonia na catedral, e establecerá un sinal pool a disposición de todas as televisións que precisen esas imaxes para os seus espazos informativos.

 

Funeral Manuel Fraga á carta