Fun polo aire
O 'Fun polo aire' espalla por todo o país un equipo de reporteiras e reporteiros que fan que as tardes estean máis vivas ca nunca, contándolles aos telespectadores o que sucede, o que se está a facer en Galicia a esas horas en cada vila, no campo, na cidade, no mar…
O programa, presentado por Susana López Carbia e Emilio Guillín, é unha aposta pola actualidade, polos temas dos que fala todo o mundo. De luns a venres desde as 18:30 h, o ‘Fun polo aire’ conta o que pasa en Galicia, pendente da actualidade pero sen perder a frescura.
Unha das grandes apostas do 'Fun polo aire' son as conexións en directo, que veñen da man das reporteiras e reporteiros Nuria Castro, María Dapia, Noa García, Paula Señarís, Alberto Arruty, Duarte Galbán e David Valverde. O programa conta, ademais, coa colaboración de Laura Franco.
O 'Fun polo aire' pretende ser un formato agradable, fresco, cheo de cor e de bo humor. En definitiva, trátase dun magazine de proximidade onde os verdadeiros protagonistas son as galegas e os galegos de a pé, co obxectivo de demostrar que Galicia está máis próxima ca nunca.