CRTVG

Buscar
Polos camiños de ningures

Polos camiños de ningures

30/10/2020 - 12:00 h

Doa a doa

Horas de emisión:

Ma
  • 22:30 / 22:45

Doa a doa é un programa de televisión de IBISAtv para a TVG pensado para manter viva, na pequena pantalla, a tradición oral galega; esas sinxelas historias da vida que moitos de nós coñecemos porque nolas contaron os nosos avós, unha riqueza histórica e documental que se está a perder e que é necesario conservar, pois forma parte da nosa memoria íntima. A memoria viva.

Nesta quinta temporada, Doa a doa conta cunha compoñente innovadora; os nosos avós falarannos de temas de actualidade dende a perspectiva da súa época. Coñeceremos como eran entendidas, daquela, cuestións que hoxe están a debate na sociedade: os malos tratos, a ecoloxía ou o aborto; e outros que forman parte xa da nosa vida cotiá, coma o divorcio, o móbil ou a Internet. Esta nova xeira de DOA A DOA intenta mesturar a tradición coa renovación, facendo partícipes aos nosos maiores do devir da sociedade, servindo de pulo para que nos conten cousas de antes nun contexto de actualidade.

Unha temporada máis, a quinta, os nosos avós seguen contribuíndo co relato das súas vivencias persoais, de xeito único e insubstituíble, a achegarnos un anaco de historia, de cando "as cousas eran doutra maneira". Grazas a eles tomamos conciencia dos nosos costumes, tradicións, cultura, historia; e de nós mesmos, grazas a eles sabemos de onde vimos e cara a onde imos. Nesta quinta temporada, producida por IBISAtv e dirixida pola realizadora Yolanda del Campo, tamén hai espazo para lembrar ritos clásicos como as vodas, a cultura do traballo na terra, os grandes avances da comunicación ou mostras da represión política.

Doa a doa é o resultado dunha sucesión de encontros e de conversas cálidas e íntimas coa sabedoría popular. Nesta nova temporada, preto dun centenar de testemuñas deixarán a súa pegada nos nosos corazóns e na nosa memoria. Un cento de novas entrevistas realizadas por toda Galicia con testemuñas e vivencias dos nosos avós na súa infancia e mocidade. Un centenar de avós e avoas nacidos a finais dos anos vinte e, polo tanto, agora en torno aos setenta e oitenta anos de idade; persoas entrañables que construíron coas súas vidas unha parte importante da Galicia contemporánea e nos contan como se vivía "daquela" e como cambiaron as cousas ao longo do século XX. Eles son a nosa memoria viva.

Os programas de Doa a doa en Máis á carta

Doa a doa á carta