Debate anual de política xeral
Desde as 10.00 horas en sesión matinal e a partir das 16.10 horas e ata o remate, Televisión de Galicia e Radio Galega, ofrecen en directo e de xeito íntegro o Debate Anual de Política Xeral desde o Parlamento de Galicia.
O presidente da Xunta é o encargado de abrir o Debate desta VIII lexislatura. Durante a súa intervención, Alberto Núñez Feijóo informará sobre as políticas desenvolvidas polo seu goberno.
Xesús Fontenla, por parte da Televisión de Galicia, e Carme Lourido e Rocío Pernas da Radio Galega, serán os encargados de comentar en directo para os espectadores e oíntes galegos todo canto aconteza neste Debate Anual de Política Xeral.