Chegar á casa. O infiel galego
Horas de emisión:
- 23:00
Un marido perfecto, un pai exemplar, un amor imposible de romper. E, de súpeto, todo salta polos aires e toca volver empezar. Este é o punto de partida da serie ‘Chegar á Casa. O infiel galego’, de 8 episodios, a nova aposta da Televisión de Galicia para os martes á noite, arredor da historia dunha muller que regresa á súa terra natal, en Portugal, tras o fracaso do seu matrimonio e despois de vivir durante 15 anos en Santiago de Compostela.
Dirixida por Sérgio Graciano, a serie foi realizada pola produtora galega CTV e a portuguesa SPi e participada pola RTP, e ten como protagonistas os actores galegos Miguel Ángel Blanco e Sara Casasnovas, coñecidos para os espectadores pola súa participación en ‘Serramoura’, entre outros traballos. Tamén forman parte do elenco os intérpretes portugueses Joana Seixas, Rodrigo Tomás, Duarte Melo e Rubén Gomes, entre outros.