Programas
Programas coa categoría Humor
-
A casa da Conexa
As irmás de Ardebullo abriranlles aos espectadores as portas da súa casa para mostrarlles unha vida de chea de sorpresas con moito humor e convidados excepcionais.
-
A parella. Instrucións de uso
O obxectivo do programa é cartografar a vida en parella dos galegos con moita retranca, un chisco de rigor e ningunha intención de tomarmonos en serio
-
Cámara gags
Programa de humor baseado no coñecido formato de bromas feitas con cámara oculta. Un cadro amplo de actores percorre as rúas en busca de incautos, propoñendo situacións divertidas nas que estes reaccionen espontaneamente.
-
Catro gatos
Catro amigos, os actores Xosé A. Touriñán e David Perdomo, e as actrices Fátima Pego e Noemí Rodríguez, reúnense nun bar no que falan da vida, das súas vivencias persoais e inquedanzas.
-
Dorita´s Academy
Ficción creada e protagonizada por Mela Casal e Xabier Picallo. Unha avoa que se resiste á xubilación obrigatoria decide xunto ao seu neto, un crack das novas tecnoloxías, facerse youtuber e crear unha escola online repartindo clases de “universidade mundolóxica” entre os seus alumnos.
Muller emprendedora feita a si mesma, sempre activa sempre á procura de mellora para a súa casa e os