Programas
Programas coa categoría Divulgativos
-
Tendencias
Da man de Nuria Gómez, amosarase, de luns a venres, a visión máis actual da nosa terra
-
Terra de acollida
Programa dedicado a familias e persoas asentadas en Galicia, pero que proceden doutros países
-
Terra de película
"Terra de película" é unha serie que nos presenta dunha maneira amena e divertida a historia do audiovisual en Galicia e os lugares onde se rodaron moitas das nosas series e películas
-
Un mundo de historias
Historias de ficción baseadas en relatos de escritores galegos: Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Casares, Rafael Dieste, Xosé Lois Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.
-
Único
Programa presentado por Camilo Lesta sobre paixóns que fan descubrir persoas únicas
-
Vaia choio!!
Programa en que se presentarán os traballos máis duros, arriscados e desagradables de Galicia. Presentado por Simone Negrín, un italiano asentado en Galicia, que adoptará no programa o papel de Francesco Negroni, ‘Vaia Choio’ percorrerá Galicia en busca daqueles traballos que fan a vida máis cómoda.
-
Vidas de pazo
Un programa en que se amosa a realidade dos tradicionais pazos de Galicia nestes primeiros anos do s. XXI a través dos testemuños das persoas que os habitan de forma habitual ou por tempadas.
Dirixido por José de Cora e presentado por José Manuel Vila Chantres.
-
Vivir aquí
En Vivir aquí, os reporteiros do programa percorren estradas, corredoiras e camiños para coñecer o que lles pasa cada día aos galegos
-
Vivir o mar
Este espazo, con vocación didáctica, está especializado na elaboración de reportaxes divulgativas sobre as actividades marítimas e pesqueiras de Galicia, un sector de importancia socioeconómica capital no noso país.