Programas
Programas coa categoría Divulgativos
-
A porta aberta
Programa dedicado a asociacións galegas para que o espectador coñeza as súas actividades, a súa filosofía e o seu patrimonio humano.
-
A vida é vella
Reunidas ao redor da mesa, en cada programa, presentaranse tres casos principais e diferenciados, cos cales as “Super-veteranas” lles aprenderán aos espectadores e protagonistas distintos xeitos de plantarlles cara aos desafíos e problemas que xorden na vida diaria
-
ADN galego
Historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares de España
-
Amor na rede
Amor Na Rede é un programa de entretemento cun claro obxectivo: axudar aos seus protagonistas a atopar parella
-
As Luces
Debates sobre cuestións que concirnen a sociedade galega presentados por Xosé Carlos Caneiro
-
Ata a cociña!
Os amantes dos fogóns descubrirán o chef Daniel Guzmán, quen cada día presentará receitas orixinais que farán dos pratos auténticos desafíos para os espectadores de ‘Ata a Cociña’. Tamén se achegarán galegos moi populares que lles amosarán á audiencia as súas habilidades culinarias.
-
Atmosféricos
Este novo espazo divulgativo, que se ofrecerá de luns a venres ás 13.30 h, será presentado por Sevi Martínez e ofrecerá 15 minutos diarios de contidos relacionados co medio natural, o cambio climático e as súas consecuencias e asuntos relativos aos sectores primarios directamente dependentes do tempo.
-
Billete de volta
Programa sobre a emigración, desde a óptica do emigrante que puido regresar a Galicia
-
Botando unha man
Un novo programa de servizo público que explora as iniciativas solidarias na nosa comunidade
-
Cachadas
Repaso polos momentos máis divertidos e sorprendentes dos programas da grella da Televisión de Galicia. Algúns dos mellores momentos televisivos que non podes perder e dos que todo o mundo fala!