Programas
Programas coa categoría Concursos
-
A Sariña busca pretendentes
Concurso en que oito parellas participan reformando unha casa que poden levar como premio
-
A voltas coa música
Orixinal e singular concurso musical que, con diversión, desenfado e dinamismo, fará xogar a toda a familia. O cómico coruñés Luis Piedrahita, moi coñecido polos espectadores galegos polas súas continuas intervencións artísticas en medios de comunicación, será o encargado de capitanear este ‘gameshow’ co seu característico humor e
-
Álbum de viaxe
Cada semana sorprenderá unha familia galega cunha viaxe inesperada de fin de semana onde o importante non será o destino, senón aproveitar cada paso para poder acadar un fantástico premio final. Este orixinal formato, que mestura reality e concurso, conxuga a divulgación da cultura galega coa emoción e a intriga de sorprender unha familia anónima cun reto fascinante cheo de sorpresas, diversión e emoción.
-
Cantas ou non?
Nestes tempos raros en que se botan en falta as orquestras tan típicas do verán galego, a verbena pona este ano Cantas ou non?, o novo concurso diario da TVG baseado no karaoke, e que levará cada semana o seu escenario itinerante a unha vila galega, onde os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso.
Como mestres de cerimonias, -
Come a comarca
Come a Comarca é o novo programa de televisión de Galicia en que cinco cociñeiros afeccionados viaxan a cada unha das comarcas galegas para coñecer os seus pratos típicos e enfrontarse aos mellores cociñeiros profesionais de cada unha facendo os pratos en que son especialistas.
-
Como galegos!
Tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia cóntannos os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia
-
Gaña a túa sorte
Concurso que mestura o xogo de preguntas e o de azar, presentado por Javier Varela
-
Imos de feira
Programa no que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes.
-
Máis galego
A paisaxe, a cultura, as tradicións e a historia dos pobos, vilas e cidades forman parte do desenvolvemento dun programa diario onde as parellas participantes teñen que demostrar que son merecedoras do título de “Máis Galego”
-
Tal semente
Tal semente é un novo concurso para os mediodías da fin de semana. Dirixido a toda a familia e no que os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. A encargada de unir toda a familia diante do televisor é Esther Estévez, acompañada pola mascota do programa, Sementiña, unha divertida voz en off.