Carballeira
Carballeira é un programa itinerante que cada sábado leva unha verbena de “sesión café” a unha parroquia galega nunca visitada por un equipo de televisión. O programa contará a historia deses lugares pouco coñecidos a través de cinco historias cheas de emoción, sentimento e sorpresa ao máis puro estlo reality. Cada fin de semana descubrimos recunchos e lugares con encanto conxugando a emoción coa música e o humor.