CRTVG

Buscar
Hábitat

Hábitat

29/05/2023 - 20:40 h
Samede
26/05/2023
20:40 h
Asociación Bata
25/05/2023
20:40 h

Botando unha man

Este novo espazo de servizo público centrarase en coñecer as persoas que están a facer algo en distintas iniciativas solidarias, nos ámbitos máis diversos. ‘Botando unha man’ participará nos seus proxectos e compartirá cos seus protagonistas momentos que falarán de como comezaron a colaborar, do que lles achega esa colaboración, dos problemas que solucionan, das necesidades que cobren e das dificultades do día a día.
Cada programa tratará un tema distinto e visitará persoas de distintas organizacións solidarias e de distintos lugares de Galicia, que colaboran con iniciativas do máis variado, desde a axuda ás familias con pacientes con alzhéimer ata a protección a cans e animais domésticos.
Os achegamentos aos protagonistas terán lugar dun xeito dinámico, no medio do traballo ou nalgún tipo de actividade, co programa involucrándose e aprendendo a ‘Botar unha man’ coma un voluntario máis. 

Botando unha man á carta