Augasquentes
Horas de emisión:
- 22:00
Esta serie de ficción conta en clave de comedia a historia dunha xuíza que volve á súa vila natal despois de 20 anos na cidade e que terá que afacerse aos novos costumes, amigos e veciños.
Nas tramas de 'Augasquentes' xogarán un papel moi importante a retranca, a picardía, a perspicacia, o enxeño e a inxenuidade a partes iguais. Todo isto avalado e interpretado por unha longa lista de actores recoñecidos polo seu traballo coma María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Miguel de Lira, Ana Turpin, David Amor, Ricardo de Barreiro, Sheyla Fariña, Patricia Vázquez, Javier Veiga, Marcos Pereiro, Isabel Risco, Manuel Millán, Fina Calleja, Alberte Montes e os nenosJudith Fernández e Andrés Collantes.
A este elenco hai que sumarlle tamén unha chea de actores episódicos como Víctor Fábregas,Isabel Blanco, César Cambeiro, Eva Iglesias, Machi Salgado, Susana Dans, Rocío González, Mónica Caamaño, Mónica García, Daniel Currás e Fernando Tato, entre algunha que outra sorpresa. A gravación levouse a cabo na vila termal de Cuntis e no pazo Cibrán de Vedra, entre outras localizacións.