Programación
-
07:00 h
AXÓUXERES: AXÓUXERES 18
-
07:10 h
CARACOIS II: REDE, A
-
07:15 h
CARACOIS II: Lección
-
07:20 h
TUTU 3D: TUTU 3D 96
-
07:25 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 23
-
07:35 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 24
-
07:40 h
OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS): OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS) 323
-
08:00 h
BRAULIO TUBER: CEIP de Medeiros
-
08:10 h
CONTOS DO CAMIÑO, O: CORRE CORRE, CABACIÑA
-
08:30 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.11.2023
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega. -
09:30 h
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 257
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento. -
10:10 h
A PORTA ABERTA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias
Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. As cooperativas agroalimentarias galegas contribúen a poñer en valor os produtos autóctonos e a fixar poboación no rural, e para defender esta forma de entender o traballo e a súa dimensión social naceu a Asociación Galega de Cooperativas Agrolimentarias, da que hoxe se falará en 'A Porta Aberta'. -
10:30 h
MÉTODO CRIMINAL: Ogallá fose unha broma
Serie da TVG co narcotráfico como tema de fondo, con Luís Iglesia e Miguel Canalejo como protagonistas. A trama arranca cando Damián Canosa ten que facerse cargo do negocio ilegal da súa familia e decide recorrer ao actor que deu vida ao temible Carmelo Matalobos. No segundo capítulo de 'Método Criminal', Damián secuestra a Luís Iglesia para que lle ensine a ser como Carmelo Matalobos. O actor terá que elixir entre aceptar a súa petición de axuda para convertelo no líder da súa banda ou, pola contra, seguir -
11:20 h
SERRAMOURA: Nada que dicir
Pero se antes tiña ganas de deter a organización, agora, ao poñer en perigo a súa familia, converteu a súa misión nun asunto persoal. Cando Marga avisa no cuartel do sucedido, Diego non tarda en sospeitar que Clara pode estar metida no allo. Estará involucrada neste feo asunto a alférez Durán? Pero a maior das sorpresas chegará cando fale directamente con ela, xa que lle revelará algo que o vai deixar coa boca aberta. -
12:25 h
SERRAMOURA: Caza
Os rusos, emboscados, atacaron o coche patrulla mentres Diego intentaba facer fronte aos disparos. Marga fuxirá cara ao monte para protexer a Benigno, pero unha bala perdida fere o sospeitoso nunha perna e a fuxida farase lenta e difícil. -
13:25 h
SERRAMOURA: A primeira regra
Santos, Raquel, Román, Quique e Pancho, que non foi descuberto polos secuestradores no cuarto de baño. Fóra, a Garda Civil planea o posible asalto do local para liberar os reféns. O operativo promete ser moi difícil e perigoso. -
14:30 h
POLO REGO
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. -
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:20 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 24.11.2023
Presenta Marta Darriba. -
16:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 24.11.2023
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
O TEMPO
-
16:30 h
BONANZA: A vella sheba
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. -
17:20 h
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles. -
18:15 h
ESCAPÁRATE: ESCAPÁRATE 7
A TVG aposta polo comercio local con 'Escapárate', programa que propón adentrarse nas tendas de toda a vida. Dous equipos, integrados por profesionais e polos propietarios dos negocios, compiten para ver quen consegue preparar o mellor escaparate. ‘Escapárate’ comeza hoxe a súa andaina axudando dous comercios que suman máis de 200 anos de historia, un en Melide e outro no casco histórico de Santiago. -
19:35 h
PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI MEDIASLONGAS 8
-
20:00 h
SHIN CHAN (455-529) (530-554): Teño que tirar unha foto /remexémo-la casa de arri
-
20:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Os comisarios da mostra sobre a verbena e as orquestras en Galicia, que acolle a Biblioteca de Galicia, Henrique Neira e Zósimo López, falan do proxecto hoxe no programa. -
20:55 h
LATEXOS DA CIDADE
A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Hoxe propón un paseo en bus pola Coruña e unha visita a un taller de coches en Pontevedra. Ademais, o programa irá de ruta polas principais pastelarías ourensás e bailará pop, dance e reggaeton nos locais do Areal vigués. -
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 24.11.2023
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:10 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
23:10 h
EU, TONYA
Década de 1990. Tonya Harding é unha prometedora patinadora sobre xeo estadounidense, unha moza de clase obreira, sempre baixo a sombra da súa implacable e insensible nai, pero cun talento innato capaz de facer un triple axel en competición. En 1994, a súa principal rival para os Xogos Olímpicos de inverno é a súa compatriota Nancy Kerrigan, á que, pouco antes dos Xogos, un matón a soldo lle golpea o nocello cunha barra de ferro. As sospeitas recaeron no entorno de Tonya, o que supuxo o comezo do fin da súa -
01:00 h
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1133
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
TERRA DE MIRANDA: Cuestión de supervivencia
Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío.