CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    VIVIR AQUÍ: Balnearios para sanar e gozar

    Programa de reportaxes.
  • 08:10 h

    VIVIR AQUÍ: Turismo seguro entre os ríos da Ribeira Sacra

    Programa de reportaxes. 'Vivir Aquí' viaxa á Ribeira Sacra para saber como, malia as limitacións, se intenta salvar a campaña turística de outono.
  • 08:25 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Sor Salud

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. 'Facendo as Américas' seguirá hoxe a pegada en México de Sor Salud, unha monxa moi emprendedora que fundou a rede de colexios Miraflores.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.09.2021

    Presenta Almudena R. de Urzáiz. Inclúe senllas entrevistas co catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña Juan Ramón Vidal e co profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago Antonio Rial Boubeta.
  • 10:35 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. O programa entrevista o director compostelán Alfonso Zarauza, cuxo último filme, ‘Malencolía’, estreouse na gala inaugural da 26 edición do Ourense Film Festival.
  • 10:55 h

    FESTIGALIANDO: Camilo

  • 11:10 h

    A LEI DE SANTOS: A derradeira bala

    Spin off de 'Serramoura', co célebre chatarreiro como protagonista. Comeza na TVG unha nova temporada de 'A Lei de Santos', co protagonista decidido a deixar a súa carreira criminal para levar unha vida honrada. Regresa a Viladesantos para atopar resposta aos seus dilemas, pero, aínda que el non os busque, os problemas sempre acaban por atopalo.
  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1595

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.09.2021

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    VIVIR AQUÍ

    Programa de reportaxes. 'Vivir Aquí' visita hoxe dúas das zonas vitivinícolas de Galicia que se viron afectadas este verán por fenómenos meteorolóxicos adversos que estragaron as viñas.
  • 15:40 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.09.2021

  • 15:55 h

    SABADEANDO

    Un novo programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. O festival de orquestras de Narón, protagonista nun ‘Sabadeando’ que homenaxeará a Ana Kiro no undécimo aniversario do seu pasamento.
  • 18:35 h

    IMOS DE FEIRA

    Programa en que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. As rúas de Tui serán esta tarde o escenario do concurso 'Imos de Feira'.
  • 19:45 h

    LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 16

    Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. Os espectadores da TVG verán hoxe como son os ‘Latexos da Cidade’ no Mercado de Abastos de Santiago e nunha conserveira de Vigo.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.09.2021

  • 22:10 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 66

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Esta semana o 'Atrápame se podes' arranca cun bote de 4.000 euros e os aspirantes a levalo son: Jairo, de Palas de Rei; Andrea, de Camariñas; Fátima, de Ordes; Lalo, de Verín, e Xoaquín do Grove.
  • 22:45 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXVI 354

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. O grupo Efecto Mariposa e a artista galega Rosa Cedrón, convidados no 'Bamboleo' de hoxe. Coma todas as semanas, haberá tempo para a música de orquestra, nesta ocasión coa actuación de La Favorita.
  • 01:20 h

    OS MELLORES DA CLASE: Eva Iglesias e Alberto Comesaña

    Cada semana, María Mera porá a proba dous famosos, que, xunto a algúns compañeiros daquel tempo, enfrontaranse en distintas probas relacionadas coas materias da clase e lembrarán anécdotas da súa infancia. A actriz e presentadora Eva Iglesias e o cantante Alberto Comesaña serán esta noite os protagonistas da primeira entrega do programa.
  • 02:50 h

    FANTASMA DE AMOR

    Nino atópase no autobús cunha muller moi envellecida e de aspecto enfermizo que acaba confesándolle que é Ana, a muller a quen amou 20 anos antes. Cando Nino lles fala dese encontro aos seus amigos, un deles, que é médico, asegúralle que Ana morreu de cancro hai xa tempo. O extraordinario da situación esperta a curiosidade do protagonista.
  • 04:20 h

    SERRAMOURA: Seguide o diñeiro

    Serie. Thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, levará os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia. O crime da Sobreira cobrou unha nova vítima en “Serramoura”: Tomás presentou a súa dimisión para salvar o prestixio do cuartel, polo que Marga e Roi teñen que facer fronte a unha situación excepcional: resolver o caso e conseguir que Tomás recupere o seu posto. Por se isto non fose suficiente traballo, o caso da into
  • 05:25 h

    SERRAMOURA: Do ut des

    Serie. Thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior. Micaela Morais retorna a Serramoura cun plan para acabar coa vila. Os sarxentos seguen a investigar se a morte de Malvar foi suicidio ou asasinato.
  • 06:35 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. O programa entrevista o director compostelán Alfonso Zarauza, cuxo último filme, ‘Malencolía’, estreouse na gala inaugural da 26 edición do Ourense Film Festival.
  • 06:55 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.09.2021

    Presenta Chus Tanoira.