CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    A PARELLA. INSTRUCIÓNS DE USO

    A parella. Instrucións de uso formulará preguntas que todos nos facemos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, os salóns de peiteado...
  • 08:20 h

    TERRA DE ACOLLIDA

  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 11.12.2021

    Presenta Almudena R. de Urzáiz.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. Quico Cadaval e Fernando Buide, responsables da dirección e música de ‘A sombra de cristal’, falan en 'ZigZag' sobre a estrea desta ópera cómica.
  • 10:55 h

    CADERNO DE BITÁCORA: Manuel González, Purro, dar forma á madeira para sucar os mares

    Cada semana, este novo espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, faralle unha homenaxe a unha persoa que traballou toda a súa vida no mar, contará o seu periplo vital e daralle unha sorpresa xuntando os seus amigos, compañeiros de traballo e familiares. Hoxe coñecerá o traballo dos carpinteiros de Ribeira da man de Manuel González ‘Purro’, un dos seus maiores mestres.
  • 11:25 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 14

  • 12:45 h

    LABRANZA: LABRANZA 1605

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:30 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.12.2021

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:10 h

    VIVIR AQUÍ

    Programa de reportaxes. 'Vivir Aquí' visita hoxe dúas das zonas vitivinícolas de Galicia que se viron afectadas este verán por fenómenos meteorolóxicos adversos que estragaron as viñas.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.12.2021

  • 15:25 h

    SABADEANDO: SABADEANDO II 24

    Programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz.
  • 18:25 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: SOBRADO DOS MONXES

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.
  • 19:30 h

    UN PAÍS EN 360º: Camiño de Nós

    Da man de Estíbaliz Veiga, o espazo da TVG seguirá os pasos dos catro galeguistas relacionados coa Xeración Nós que en 1926 realizaron o camiño de Ourense a Santiago: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Antón Sánchez e Pardo Bedia. ‘Camiño de Nós’ percorrerá os máis de 100 quilómetros desta ruta, amosará vistas espectaculares e visitará os lugares polos que pasaron no seu día estes intelectuais.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 12.12.2021

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 121

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Esta semana o 'Atrápame se podes' arranca cun bote de 4.000 euros e os aspirantes a levalo son: Jairo, de Palas de Rei; Andrea, de Camariñas; Fátima, de Ordes; Lalo, de Verín, e Xoaquín do Grove.
  • 22:30 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXVII 364

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. 'Bamboleo' contará hoxe coas actuacións de Yotuel Romero e de Marcelo Dobode. Con Nueva Fuerza, un grupo de Gran Canaria que trae os ritmos das Illas, chegará hoxe a música máis festeira.
  • 00:50 h

    QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA: QUEN ANDA AÍ? FIN DE SEMANA 14

  • 02:05 h

    ROCCO E SEUS IRMÁNS

  • 03:55 h

    PADRE CASARES: ELSA IN LOVE

    Elsa, a beata, devece definitivamente por Sindo, o home de Lidia, e a paixón da muller é tal que a pobre anda apampada todo o día chegando incluso a acosar a Sindo cada vez que coincide con el no coro.
  • 04:50 h

    PADRE CASARES: DELMIRO CONTRA TODOS

    Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido o porá entre a espada e a parede.
  • 05:55 h

    PADRE CASARES: CUESTIÓN DE FE

    As vidas dalgúns veciños atravesan importantes convulsións, así como a do propio Horacio Casares, que comeza a sentir algo que o leva incluso a dubidar sobre algúns principios que rexen a súa vida, e o motivo ten nome de muller... a mestra da escola.
  • 07:00 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.12.2021

    Presenta Chus Tanoira.