CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:45 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 63

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. Dani recibe hoxe na cociña a parlamentaria do PSdG Beatriz Sestayo. Entre os dous elaborarán uns deliciosos paspallás escabechados con verduriñas glaseadas. O cociñeiro tamén explicará como facer a maionesa menos graxa e preparará un Batido de iogur e confeitura de amorodos para chuchar os dedos.
  • 11:00 h

    POLO REGO: POLO REGO 21

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Amais de aprender a cociñar ao vapor, os seguidores de “Polo Rego” saberán como facer unhas bombas de baño e un bancal.
  • 11:35 h

    POLO REGO: POLO REGO 22

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Amais de aprender a cociñar ao vapor, os seguidores do programa saberán como facer unhas bombas de baño e un bancal.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Paco Lodeiro desde o estudio 150.
  • 12:35 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". O espazo ‘A revista’ fala hoxe sobre unha recoñecida pulseira que coida das persoas maiores que viven soas.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:15 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.01.2022

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:35 h

    O TEMPO

  • 15:50 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? VIII 426

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez, que, amais, recibe cada día os mellores expertos científicos e sanitarios do país e entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:40 h

    FUN POLO AIRE: FUN POLO AIRE XIII 688

    Magazine de proximidade, onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima e viva ca nunca. Presenta Susana López.
  • 19:50 h

    ESTACHE BO!: Torta 'relada' de framboesas e chocolate

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 21:40 h

    AVANCE MALICIA NOTICIAS: AVANCE MALICIA NOTICIAS 338

  • 21:45 h

    O TEMPO

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 153'

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Ana de Valdoviño, Ale de Vigo, Xiana de Viveiro, Roberto de Vigo (nado en Chantada) e Dani de Arteixo encaran o seu terceiro programa no 'Atrápame se podes'. Concursarán por un bote situado nos 19.400 €.
  • 22:40 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS IX 338

    Programa comandado por Arturo Fernández, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Brais Doval, Oswaldo Digón, Antonio Mosquera, Laura Vaqueiro e Belén Vara, que lle dá unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 23:05 h

    COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XI 144

    Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Un artesán e unha cultivadora de flores compartirán hoxe a súa sabedoría en 'Cos pés na terra'. O programa visitará tamén un home que decidiu que na variedade estaba o seu proxecto e ten nogueiras, ovellas galegas e vacas cachenas.
  • 00:10 h

    COS PÉS NA TERRA

    Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Os espectadores de “Cos pés na terra” coñecerán esta noite o traballo dun dos últimos zoqueiros galegos.
  • 01:10 h

    A GUERRA DE HART

    O coronel William McNamara, cuarta xeración dunha familia de militares, está prisioneiro dos alemáns nun campo de concentración. Con todo, ao ser o oficial americano de maior rango no campamento, ostenta o mando entre os ocupantes e mantén ben alto o sentido da honra nun lugar en que é algo fácil de perder, ao estar todos baixo o perigoso ollo do coronel alemán Werner Visser. Sen renunciar ao seu deber como soldado, McNamara mantén un plan sixilosamente, á espera de que chegue o momento de volver loitar con
  • 03:05 h

    PADRE CASARES: Demasiados compromisos

    Despois de moita indecisión e unha morea de obstáculos de todo tipo, por fin parece que a relación de Urbano e Sabela chegará a bo porto.
  • 04:05 h

    PADRE CASARES XII: Noivos e noivas

    Urbano, desfeito e incapaz de comprender os motivos polos que Sabela sae fuxindo da igrexa, decide ir en busca da moza. Pero á ex noviza parece terlla tragado a terra.
  • 05:00 h

    PADRE CASARES XII: Cousas de pilatos

    As festas patronais son o evento por excelencia dos pobos e Santo Antonio de Louredo non é unha excepción. Pero no noso peculiar pobo a honra do patrón é asunto de discordia dende hai anos .
  • 06:15 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Xan Pereira encárgase da información deportiva.
  • 07:25 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ