CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA 193

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 09:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 10.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:45 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana).
  • 11:05 h

    INIMITABLES: INIMITABLES 15

    Actores e actrices, veciños e fans de “Mareas Vivas” xúntanse hoxe en Laxe para celebrar un grande aniversario: os 20 anos dunha das series históricas da TVG, que fixo famosos a actores coma Luís Tosar, Miguel de Lira, Isabel Blanco e Luís Zahera, entre outros. Para celebralo por todo o alto, a TVG ofrece esta noite unha edición do programa “Inimitables”, conducida por Arturo Fernández, que se converterá nunha gran romaría, con moita música e festa e cunha gran sorpresa final.
  • 12:55 h

    LABRANZA: LABRANZA 1665

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:35 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 10.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 10.06.2023

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:50 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.06.2023

  • 15:55 h

    VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 197

    Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. O programa 'Vaia Troula' vai este mércores de xira coa orquestra Panorama. Sairá por toda Galicia e tamén por fóra para descubrir os segredos mellor gardados desta mítica formación galega, unha auténtica enche estadios.
  • 17:00 h

    EVENTOS G: París contra Panorama

    Os espectadores asistirán, no 'Evento G' que se ofrece este luns, a un duelo histórico: a París de Noia contra a Panorama. O enfrontamento entre as dúas orquestras galegas máis importantes será arbitrado por Alba Mancebo e Arturo Fernández.
  • 19:00 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: FRIOL

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.
  • 20:05 h

    HISTORIAS A PEDAIS: DUMBRÍA, CON YAYO DAPORTA

    Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida.
  • 20:35 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 532

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.06.2023

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 501

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Claudia, de Vigo; Iván, de Xinzo de Limia; Auri, da Coruña; Pau, de Vilasantar, e Miriam, de Porto do Son, viven o seu cuarto día no 'Atrápame se podes'. A meta segue sendo subir ao último chanzo e conseguir o bote, que xa está nos 88.600 €.
  • 22:35 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 430

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro.
  • 01:10 h

    CLAC: CLAC 97

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:05 h

    O SEXO DOS ANXOS

    Bruno e Carla son parella. Cando coñecen a Rai, un “breaker”, deciden enfrontarse con valentía e sen tabús ás normas que existen sobre o amor, a infidelidade e os roles sexuais.
  • 03:45 h

    ROCCO E SEUS IRMANS

    Rosaria e os seus catro fillos abandonan a súa terra natal, Lucania, para emigrar a Milán na busca de traballo e oportunidades que lles permitan mellorar as súas condicións de vida. Alí atopan a Vicenzo, o irmán maior, que traballa de albanel, pero está relacionado co mundo do boxeo.
  • 06:35 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.