Programación
-
08:00 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 06.08.2022
Presenta Chus Tanoira. -
09:00 h
FESTIGALIANDO
Programa festeiro, que dá mostra dos concertos que hai no verán galego, achegándose a súa música e ambiente. O programa coouse no Festigal, un certame que regresou no seu formato de balde ao Campus Sur de Santiago. Polo seu escenario pasaron artistas recoñecidos do panorama musical galego, como A Banda da Loba, Bratzantifa, Familia Caamagno e Tanxugueiras. O evento é xa unha referencia na comunidade galega, xa que ten un gran impacto na súa contorna. -
09:25 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1823
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
09:40 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 442
Programa relixioso. -
10:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA IV 297
-
10:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 07.08.2022
Presenta Almudena R. de Urzáiz. -
11:00 h
O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI: O SÁBADO TAMÉN TEÑO AUDADE DE TI
Os espectadores poden ver os sábados o mellor da semana na serie 'Saudade de ti'. -
11:55 h
EVENTOS G: Treixa-Romaría
A TVG organiza esta noite a 'Treixa-Romaría' para celebrar os 30 anos da primeira actuación en directo do grupo Treixadura. Neste grande evento, que será presentado por Arturo Fernández e Roi Casal na Illa de Arousa e que contará con moitas sorpresas, participarán tamén a Banda de Música de Ribadumia, o grupo de baile da Asociación Dorna Monoulious Dop e Vacalouras. -
12:40 h
VIVIR O MAR DE VERÁN: VIVIR O MAR DE VERÁN 32
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
13:20 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 07.08.2022
Presenta Chus Tanoira. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 07.08.2022
-
15:35 h
UNHA TROMPETA DISTANTE
O exército norteamericano destinado en Arizona persegue os indios chiricahuas, comandados polo xefe rebelde Aguia de Guerra, e rematan por entrar en Serra Madre, en México. Os soldados de Fort Delivery teñen a misión de contelos, pero a súa disciplina non é doada de manter ata a chegada dun tenente novo, que se namora ademais da dona dun oficial. -
17:25 h
LUAR DO DOMINGO: LUAR DO DOMINGO 804
Resume das mellores actuacións da última edición do programa Luar. -
19:25 h
ESPECIAL RELIXIOSO: Procesión do Cristo da Vitoria 2022
Televisión de Galicia ofrece, en directo, a Procesión do Cristo da Vitoria desde Vigo. Despois de se suspender durante dous anos pola pandemia, as rúas da cidade olívica volverán ser testemuñas deste multitudinario evento relixioso. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 07.08.2022
-
22:05 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES V 291
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' comeza a semana renovando a súa tripulación de concursantes. Chegan ao programa Joel, de Culleredo; Lala, de Vigo; Daniel, de Ourense; Marta, da Coruña, e Fran, de Ames. Os cinco veñen co obxectivo de alcanzar un bote que acumula 47.000 €. -
22:45 h
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 24
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Noa entrégalle a Celia os datos que contiña o móbil de Olga. A doutora dubida entre enfrontarse a verdade ou continuar cos ollos pechados por medo ao que poda atopar. Unha cuestión que lle fai preguntarse s -
23:15 h
VAIA TROULA
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Laura Ríos e Alba Lea. Desde as orixinais Sopas de Burro Canso de Muíños, o 'Vaia Troula' asiste ás tradicionais citas de Catoira, Cambados e Herbón. O programa gozará tamén da romaría de San Fins de Castro, da Festa do Pemento de Arnoia, da exaltación do Longueirón, do Carme de Cañás, da romaría da Tortilla de Laro e da Festa Hortera sonense. -
00:30 h
COMISIÓN DE FESTAS: San Cristovo de Muimenta
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa é hoxe testemuña de como organizan en Muimenta as celebracións patronais na honra de San Cristovo e Santa Mariña. -
01:30 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva. -
02:20 h
EVENTOS G: Treixa-Romaría
A TVG organiza esta noite a 'Treixa-Romaría' para celebrar os 30 anos da primeira actuación en directo do grupo Treixadura. Neste grande evento, que será presentado por Arturo Fernández e Roi Casal na Illa de Arousa e que contará con moitas sorpresas, participarán tamén a Banda de Música de Ribadumia, o grupo de baile da Asociación Dorna Monoulious Dop e Vacalouras. -
03:05 h
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Negocios do Camiño
-
03:10 h
MAREAS VIVAS: Efectos navais
Andrés chega a Portozás coa intención de sabe-lo que pasou con Suso Maroto. María cóntalle os detalles da detención, e él promete axudarlle. Andrés visita a Suso no cárcere para ofrecerlle a súa axuda, e interrógao, pero o home de María négase . -
04:05 h
MAREAS VIVAS: Furtivos
María interroga a Suso sobre a súa actitude con Andrés e sobre como conseguíu sair do cárcere. Maroto responde con evasivas e réstalle importancia ó proceso legal ó que se ten que enfrontar. -
05:00 h
MAREAS VIVAS: O misterio de Curraxil
Iria enfróntase a María porque a culpa da marcha do pai. A situación empeora cando os rapaces na escola empezan a insultala e a falarlle do seu pai e da relación entre a súa nai e Andrés. -
05:55 h
MAREAS VIVAS: O home dos paxaros
Ladislao emprende unha nova faceta profesional: vai ser representante artístico. O concello será o seu primeiro cliente. -
06:55 h
MAREAS VIVAS: Cartas de amor
O que ninguén podería pensar que sucedera nunha tranquila vila como Portozás, acontecerá para sorpresa dos seus habitantes. Unha muller, casada cun ex profesor de Berta, chega á vila e morre en estrañas circunstancias. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ