Programación
-
08:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA 188
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
09:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 03.06.2023
Presenta Chus Tanoira. -
10:40 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O artista lalinense Guillermo Aymerich falará en ‘Zigzag’ da súa traxectoria e da exposición que presenta no espazo de arte Sirvent de Vigo, ‘Travelogue Valigia’. -
11:00 h
INIMITABLES: Romarías
Presentado por Arturo Fernández, o programa conta coas mellores formacións galegas, achega conversas cos músicos e cantantes sobre curiosidades das letras das cancións que interpretarán, a maneira en que adaptaron os temas ou divertidas anécdotas. Regresa 'Inimitables', espazo da TVG que realza a nosa música, cun percorrido polas principais romarías galegas. Desde Vilanova dos Infantes, Arturo Fernández proporá coñecer as variadas feiras e procesións que tanto lles gustan aos galegos. -
12:45 h
LABRANZA: LABRANZA 1664
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
13:25 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 03.06.2023
Presenta Chus Tanoira. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
NO FOCO: NO FOCO 03.06.2023
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
15:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.06.2023
-
15:50 h
CARBALLEIRA: CARBALLEIRA - PONTECESO
María Mera percorre Galicia con ‘Carballeira’, un programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. 'Carballeira' estará cos veciños de Ponteceso celebrando a súa 28ª Festa do Raxo e tamén coñecendo as súas historias máis persoais. -
18:15 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Caldas de Reis
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. A vila de Caldas de Reis, famosa polo seu termalismo, recibe hoxe a visita do programa 'Sen Código Postal'. -
19:25 h
HISTORIAS A PEDAIS: O Grove, con María Vázquez
Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O presentador de ‘Historias a pedais’, Óscar Pereiro, realizará hoxe unha ruta polo Grove acompañado da actriz María Vázquez. -
20:00 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 530
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.05.2023
-
22:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 496
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O programa recibe unha nova tripulación de cinco concursantes. Claudia, de Vigo; Iván, de Xinzo de Limia; Auri, da Coruña; Pau, de Vilasantar, e Miriam, de Porto do Son, participan no programa. O bote sitúase nos 88.000 €. -
22:35 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 429
Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Os espectadores de 'Bamboleo' gozarán esta noite da privilexiada voz da cantante malagueña Diana Navarro. Á festa tamén se unirán a agrupación La Quinkillada e a orquestra Solara, que converterán o estudio do programa nunha auténtica verbena. -
01:15 h
CLAC: CLAC 96
Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. -
02:00 h
LOBOS DE ARGA
(“Lobos de Arga”), de Juan Martínez Moreno, con Gorka Otxoa, Carlos Areces, Secun de la Rosa, Manuel Manquiña, Mabel Rivera, Luís Zahera, Marcos Ruiz. Gal, 2011, 101´, Comedia-Terror. 1910. En Arga, unha pequena vila de Galicia, unha terrible maldición cae sobre a malvada marquesa de Mariño e o seu fillo, converténdoo en home lobo no seu décimo aniversario. Cen anos despois, Tomás, un escritor fracasado e último descendente home dos Mariño, regresa á vila convencido de que van nomealo fillo adoptivo da loca -
03:40 h
SPLENDOR
Jordan é o propietario da sala de cine Splendor, situada nunha vila nos arredores de Roma. A súa vida sempre estivo vinculada ao cinema. Con todo, mentres que no pasado o negocio coñeceu momentos de gloria e esplendor, agora, en cambio, a xente deixou de ir ao cine, polo que a situación económica de Jordan volveuse moi precaria. -
05:25 h
HISTORIAS A PEDAIS: O Grove, con María Vázquez
Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O presentador de ‘Historias a pedais’, Óscar Pereiro, realizará hoxe unha ruta polo Grove acompañado da actriz María Vázquez. -
05:55 h
NO FOCO: NO FOCO 03.06.2023
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
06:15 h
LABRANZA: LABRANZA 1664
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
06:45 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O artista lalinense Guillermo Aymerich falará en ‘Zigzag’ da súa traxectoria e da exposición que presenta no espazo de arte Sirvent de Vigo, ‘Travelogue Valigia’. -
07:10 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.