CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:05 h

    IMOS NAVEGANDO: IMOS NAVEGANDO VII

    Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. Xunto co actor Xulio Abonjo, ‘Imos Navegando’ percorrerá hoxe a ruta entre O Grove e Cangas.
  • 08:55 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 01.10.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Pablo Ursusson, líder do grupo Sangre de Muérdago, que está de xira por Galicia, visita o estudio de 'Zigzag'.
  • 10:50 h

    48 HORAS PARA O SI: Yésica e Dani

    Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable. Na entrega desta noite, Yésica daralle unha sorpresa ao seu mozo Dani, unha persoa valente e positiva cunha historia persoal tan fermosa como dramática.
  • 12:35 h

    LABRANZA: LABRANZA 1633

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.10.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 01.10.2022

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.10.2022

  • 15:55 h

    CARBALLEIRA: XUNTOS! (CARBALLEIRA) 10 - SANTIAGO DE CORNEDA

    María Mera percorrerá Galicia con ‘Carballeira’, un novo programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. 'Carballeira' ofrecerá hoxe unha telenovela rural organizada polos veciños de Santiago de Corneda, no concello ourensán do Irixo.
  • 17:55 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Antonio García

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. Os espectadores de ‘Facendo as Américas’ coñecerán hoxe a Antonio García, un dos grandes distribuidores do Uruguai.
  • 19:10 h

    DESERTORES DO ASFALTO: Corcubión

    Aquelas persoas que desertaron de marchar e quedaron para traballar na súa terra e aquelas outras que chegaron para quedar e sumar, van ser as protagonistas desta aventura e van axudar a contar a historia de Galicia coma nunca se fixo en televisión. Presentado por Rocío Barrio. 'Desertores do Asfalto' descubrirá esta tarde os motivos da xente para quedar en Corcubión.
  • 19:50 h

    DESERTORES DO ASFALTO: Santa María (O Rosal)

    Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Pon en valor hoxe a cultura popular, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día das xentes que decidiron non marchar á cidade e quedar a vivir na localidade de Santa María do Rosa
  • 20:20 h

    OS CASTELOS: Señores e vasalos

    Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. 'Os Castelos' amosa esta semana como se conformaba a pirámide social no feudalismo.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.10.2022

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES VI 331

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' presenta nova tripulación coa participación de Manolo, de Silleda; Iria, de Pazos de Borbén; Jacobo, de Pontevedra; Mari, de Malpica, e Ramiro, de Cervo. A retranca marca o inicio dunha nova semana conducida por Paco Lodeiro, en que os concursantes teñen a oportunidade de levar un bote que acumula 55.000 €.
  • 22:45 h

    BAMBOLEO

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. O artista sevillano Manu Tenorio celebra esta noite en 'Bamboleo' os seus 20 anos de carreira musical. Tamén están convidados ao programa o dúo As Lembranzas e a orquestra Fania Blanco Show.
  • 01:25 h

    CLAC: CLAC 61

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:10 h

    O SEXO DOS ANXOS

    Bruno e Carla son parella. Cando coñecen a Rai, un “breaker”, deciden enfrontarse con valentía e sen tabús ás normas que existen sobre o amor, a infidelidade e os roles sexuais.
  • 03:50 h

    PERFUME DE MULLER

    A un novo cadete da Armada encoméndaselle a tarefa de servir de acompañante a un irascible capitán cego durante unha fin de semana de viaxe entre Turín e Nápoles. Do capitán, un home bebedor e mulleireiro, recibirá o rapaz certas leccións que non poderá esquecer.
  • 05:30 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 06:20 h

    RÍAS BAIXAS

    Serie. No peor momento para Gloria, despois da agresión de Gonzalo, o xuíz infórmaa que a autopsia do cadáver revela que o seu pai fora asasinado. Uxía avergoñárase da súa nai e Carmiña non quere saber nada dela, pero o seu pai biolóxico, Gonzalo, controla todos os seus movementos e ofrécese para pagarlle os gastos de maneira que non teña que venderse a calquera.
  • 07:20 h

    OS CASTELOS: Señores e vasalos

    Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. 'Os Castelos' amosa esta semana como se conformaba a pirámide social no feudalismo.