CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    XACOBEO 2021. CARLOS NUÑEZ

  • 08:20 h

    DOCUMENTAL: Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos

    Documental que afonda na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago de Compostela, unha ambiciosa intervención de recuperación integral rematada o ano pasado. O documental revela o longo proceso, desde os estudos previos, a urxencia da actuación e os detalles da limpeza da pedra ou a preservación da policromía, así como a explicación da iconografía do Pórtico e a figura do Mestre Mateo.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS: TX BOS DÍAS FIN DE SEMANA 24.07.2021

    Presenta Pilar Landín.
  • 10:30 h

    O SON DA RIBEIRA: Pájaro Pinto

    Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar.
  • 11:10 h

    GALICIA EMERXE: Banda Crebinsky

    Ciclo de 50 concertos de destacados artistas e grupos galegos. Esta iniciativa é froito dunha colaboración da CRTVG con Agadic para apoiar o sector musical e contribuír a visibilizar o seu traballo, moi afectado polas restricións sanitarias. O ciclo 'Galicia Emerxe' achega esta semana a música da Banda Crebinsky, que naceu vinculada ao mundo do cine, pero saltou ás rúas e aos escenarios. A contaxiosa vitalidade da súa proposta, formada por composicións eclécticas próximas á world music, convida á festa sen
  • 11:20 h

    FESTIGALIANDO: O Son do Camiño

    Programa festeiro, que dá mostra dos concertos que hai no verán galego, achegándose a súa música, ambiente e medidas de seguridade pola covid, entre outros aspectos. 'Festigaliando' amosará o que está a acontecer no Son do Camiño Perseidas, un festival que é xa unha referencia en Galicia.
  • 11:55 h

    A REVISTA FIN DE SEMANA: REVISTA FIN DE SEMANA 24.07.2021

    Presenta Almudena de Urzáiz. Alfombras florais e esculturas mitolóxicas, temas principais este sábado do magazine 'A Revista Fin de Semana'
  • 13:45 h

    LABRANZA VERÁN: LABRANZA VERÁN 41

  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 15:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: DEPORTES MEDIODÍA FDS 24.07.2021

  • 15:20 h

    DESCUBRINDO A RIBEIRA SACRA

    O programa especial 'Descubrindo a Ribeira Sacra' afondará esta tarde nos segredos desta paraxe natural.
  • 16:35 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.07.2021

  • 16:40 h

    SABADEANDO

    Un novo programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. Fogos, música e tradición no programa 'Sabadeando', nunha fin de semana moi especial en que se celebra o Día de Galicia.
  • 19:25 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: María Rosa Lojo

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. 'Facendo as Américas' irá hoxe ao encontro de María Rosa Lojo, nada en Bos Aires pero oriúnda de Boiro, cunha vocación moi precoz pola literatura.
  • 20:25 h

    OLÍMPICOS EN XOGO: OLÍMPICOS EN XOGO 24

    Programa dedicado os deportistas de Galicia que preparan a súa participación nos Xogos de Tokio 2021 (Xapón).
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:35 h

    TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA: TX DEPORTES SERAN FDS 24.07.2021

  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.07.2021

  • 21:55 h

    A NOITE DOS FOGOS DO APÓSTOLO: FOGOS DO APÓSTOLO 2021

    Loly Gómez e Eduardo Herrero conducirán desde a praza do Obradoiro este programa especial, que conectará cos puntos de Compostela que farán da noite día, ofrecerá actuacións musicais e contará coa participación de rostros moi coñecidos da TVG
  • 00:10 h

    EVENTOS G: París contra Panorama

    Os espectadores asistirán, no 'Evento G' que se ofrece este luns, a un duelo histórico: a París de Noia contra a Panorama. O enfrontamento entre as dúas orquestras galegas máis importantes será arbitrado por Alba Mancebo e Arturo Fernández.
  • 01:55 h

    CARAVANA DE PAZ

    Travis e Sandy, dous mozos tratantes de cabalos, aceptan a oferta de guiar un grupo de mormóns que se dirixen a California para cultivar as fértiles terras do val do río San Xoán. No medio das dificultades da viaxe, atópanse cun trío de artistas ambulantes que seguen o seu mesmo camiño. Trátase dunha parella madura e a moza Denver, de quen namora Travis. Pero o seu encontro cos Clegg, uns foraxidos a quen persegue a xustiza, poraos en graves apuros.
  • 03:20 h

    XACOBEO 2021. CARLOS NUÑEZ

  • 03:40 h

    DOCUMENTAL: Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos

    Documental que afonda na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago de Compostela, unha ambiciosa intervención de recuperación integral rematada o ano pasado. O documental revela o longo proceso, desde os estudos previos, a urxencia da actuación e os detalles da limpeza da pedra ou a preservación da policromía, así como a explicación da iconografía do Pórtico e a figura do Mestre Mateo.
  • 04:45 h

    VIVIR AQUÍ: A catedral estrea enreixado

    Programa de reportaxes.
  • 05:05 h

    O SON DA RIBEIRA: Pájaro Pinto

    Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar.
  • 05:40 h

    LABRANZA VERÁN: LABRANZA VERÁN 41

  • 06:10 h

    A REVISTA FIN DE SEMANA: REVISTA FIN DE SEMANA 24.07.2021

    Presenta Almudena de Urzáiz. Alfombras florais e esculturas mitolóxicas, temas principais este sábado do magazine 'A Revista Fin de Semana'