CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Nos faladoiros de hoxe participarán María Bastida, Fernando Salgado, Carlos I. Aymerich e Francisco Espiñeira.
  • 10:30 h

    A MIÑA FAMILIA POLA TÚA: A MIÑA FAMILIA POLA TÚA II 16

    Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. ‘A miña familia pola túa' confronta hoxe os modos de vida dunha familia aforradora e outra que goza día a día co que ten. Gelo e Dolores son unha parella que sabe o que é facerse a un mesmo comezando desde abaixo, mentres que as irmás Yoli e Tamy pensan pouco no futuro e espremen a vida todo o que poden.
  • 12:20 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 15

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. Deixar sen palabras un convidado petulante é o obxectivo do imitador Pipo Arribe, que neste programa preparará coa axuda de Dani unha crema de cabaza 'invertida' con pan crocante, xamón e anacardios. Ademais, aprenderán a facer fritadas menos aceitosas e brindarán polo bo tempo cun 'verán tropical'.
  • 12:45 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". ‘A Revista’ conversará hoxe sobre o emprego de drons para tarefas de vixilancia.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:25 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.07.2021

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:50 h

    O TEMPO

  • 15:55 h

    QUEN ANDA AÍ VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN II 35

    Ademais de dar conta de canto aconteza nas rúas, pobos e localidades galegas, o magazine da TVG, presentado por Marcial Mouzo e Iolanda Vázquez, ofrecerá propostas adaptadas a esta época do ano.
  • 18:50 h

    GALICIA BONITA: A Estrada

    Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O programa enfrontarase a todo tipo de inclemencias na obra que acometerá na Estrada. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo terá que lidar coas diferenzas de criterio dos propietarios e cunha climatoloxía moi cambiante.
  • 19:50 h

    ESTACHE BO: Xurelos con salsa de especias aromáticas

    Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Carlos Amado e Raquel Domínguez. Antonio Mosquera encárgase da información deportiva.
  • 21:30 h

    DEPORTES SERÁN: DEPORTES SERÁN 23.07.2021

  • 21:45 h

    O TEMPO

  • 21:55 h

    LUAR: LUAR 1272

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso, Patricia Fernández Santana e Rocío Rodríguez Padín. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. As propostas musicais de Natalia, Luar na Lubre, Amistades Peligrosas e Noelia Solleiro, esta noite en 'Luar'. Ao longo do programa presentaranse os novos recanteiros e recanteiras que formarán parte da próxima edición do concurso.
  • 01:30 h

    IRMÁNS: IRMÁNS / BETTER TOGETHER

    Serie turca que desenvolve a historia de catro persoas que nacen o mesmo día, uns trixemelgos e o seu pai, e que transcorre en dúas liñas temporais: a vida duns pais a comezos dos 90 e o día a día de tres irmáns de 35 anos no presente. Berk únese a Mahur e xuntos van para unha casa que lle deixou o avó en herdanza ao primeiro. É entón, ao ver as fotografías do pasado, cando Mahur comeza a lembrar os desprezos que sufriu na infancia e afonda na xenreira á súa nai. Por outra parte, Beste pídelle a Erdem que a
  • 02:10 h

    MALO SERÁ!: De Rande a Samil (Vigo)

    Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. O actor Alfonso Agra únese hoxe ao elenco de 'Malo Será!' que se ofrecerá desde o Teatro Afundación de Vigo. Os espectadores da Televisión de Galicia serán testemuñas dun día na caótica Gelatería Leggiero e da visita a un v
  • 03:30 h

    CON AMOR E COMPAÑÍA

    O actor e showman David Amor presenta “Con Amor e Compañía”, un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos que farán rir os espectadores.
  • 04:20 h

    VIVIR AQUÍ: A catedral estrea enreixado

    Programa de reportaxes.
  • 04:30 h

    QUEN ANDA AÍ VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN II 35

    Ademais de dar conta de canto aconteza nas rúas, pobos e localidades galegas, o magazine da TVG, presentado por Marcial Mouzo e Iolanda Vázquez, ofrecerá propostas adaptadas a esta época do ano.
  • 07:25 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.