CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Claudia Argüelles

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. 'Facendo as Américas' falará esta tarde coas galegas que rexentan a cadea hoteleira máis importante da Arxentina.
  • 09:00 h

    BOS DÍAS

    Presentan Ana Celia Vázquez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Nos faladoiros deste luns intervirán María Cadaval, Roberto L. Blanco Valdés, José Luis Jiménez e Francisco Castro.
  • 10:00 h

    VIVIR AQUÍ: VIVIR AQUÍ (DOMINGO) 42

    Programa de reportaxes. As hortas urbanas, as propostas da estación de Manzaneda para o verán e os peregrinos que volven encher as rutas xacobeas, temas destacados no 'Vivir Aquí' deste domingo.
  • 10:30 h

    A MIÑA FAMILIA POLA TÚA

    Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. Unha muller de 70 anos asume hoxe, en 'A miña familia pola túa', o reto de vivir a vida dun mozo de 23. Será tamén unha confrontación entre os costumes do interior e do litoral galegos.
  • 12:15 h

    ATA A COCIÑA: ATA A COCIÑA 21

    O chef Daniel Guzmán presenta cada día receitas orixinais, auténticos desafíos para os espectadores. Neste programa, a actriz e cantante Lis Teuntor pediralle consello a Dani para elaborar un prato dedicado ás embarazadas. Un taco de atún á prancha con puré de pemento e ensalada de canónigos e soia será a receita escollida por Dani, que tamén ensinará a picar hortalizas correctamente e preparará unha refrescante bebida de kiwi.
  • 12:35 h

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". A escritora Raquel G. Osende presentará a súa novela 'La pata de oca', finalista no premio literario Amazon Storyteler, hoxe no magazine 'A Revista'.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presentan Marta Darriba e Sevi Martínez.
  • 15:25 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.08.2021

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:45 h

    O TEMPO

  • 15:55 h

    QUEN ANDA AÍ

    Magazine divertido e participativo presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez.
  • 18:10 h

    TI VERÁS

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
  • 19:15 h

    HUDSON & REX: A busca

    Serie. O detective Charlie Hudson únese a Rex, un can da Unidade Canina, e xuntos investigan os crimes.
  • 20:00 h

    ZONA HUMOR: ZONA HUMOR 3

    Programa que ten como obxectivo a risa a cachón e tamén descubrir moitas ideas para todas as cousas que se poden facer este verán.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Carlos Amado e Raquel Domínguez. Antonio Mosquera encárgase da información deportiva.
  • 21:30 h

    DEPORTES SERÁN: DEPORTES SERÁN 02.08.2021

  • 21:40 h

    EVENTOS G: Photocall previo Satélites contra Olympus

  • 21:50 h

    O TEMPO

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 27

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Iria, de Barbadás; Agus, de Cangas; Conde, da Coruña; Olaya, de Castroverde, e Víctor, de Laxe. Todos eles optan a levar o bote do concurso, que xa medrou ata os 7.200 euros.
  • 22:40 h

    EVENTOS G: Satélites contra Olympus

    Duelos de orquestras no 'Evento G' que TVG ofrece este luns á noite. Los Satélites e Olympus enfrontaranse para decidir cal é a terceira formación da tríada de ouro.
  • 00:00 h

    3 CAMIÑOS: 3CAMIÑOS 5

    A peregrinación a Compostela é o nexo común dunha serie que narra a viaxe de cinco peregrinos a través de tres épocas da súa vida. Nun novo capítulo de '3 Camiños', o grupo protagonista divídese outra vez. Mentres Raquel e Jana non poden rematar o segundo camiño por diferentes razóns, os rapaces chegan a Fisterra e comparten ese momento tan especial.
  • 00:40 h

    IRMÁNS: IRMÁNS / BETTER TOGETHER

    Serie turca que desenvolve a historia de catro persoas que nacen o mesmo día, uns trixemelgos e o seu pai, e que transcorre en dúas liñas temporais: a vida duns pais a comezos dos 90 e o día a día de tres irmáns de 35 anos no presente. Şakir vai ao médico e recibe noticias novas sobre a súa enfermidade. Mahur está preocupado polo seu pai e non sabe moi ben como encarar a situación. Erdem comeza a recuperarse, pero non se acorda moito do pasado. Ademais, reencóntrase con Ceylan, cousa que non lle chista moit
  • 01:25 h

    GUERRA DE HART, A

    O coronel William McNamara, cuarta xeración dunha familia de militares, está prisioneiro dos alemáns nun campo de concentración. Con todo, ao ser o oficial americano de maior rango no campamento, ostenta o mando entre os ocupantes e mantén ben alto o sentido da honra nun lugar en que é algo fácil de perder, ao estar todos baixo o perigoso ollo do coronel alemán Werner Visser. Sen renunciar ao seu deber como soldado, McNamara mantén un plan sixilosamente, á espera de que chegue o momento de volver loitar con
  • 03:20 h

    SERRAMOURA: Unha amiga

    Álex continúa a súa cruzada particular: conseguir demostrar que Román é o asasino e así liberar o seu pai. Román caeu na trampa e a relación xa é real e perigosa. Ademais, deberán mantela en segredo para evitar que as súas familias compliquen aínda máis a situación. Outra relación que se estreitou considerablemente é a de Diego e Gloria, pero non ata o punto que comezan a sospeitar algúns veciños de Serramoura.
  • 04:30 h

    A MIÑA FAMILIA POLA TÚA

    Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. Unha muller de 70 anos asume hoxe, en 'A miña familia pola túa', o reto de vivir a vida dun mozo de 23. Será tamén unha confrontación entre os costumes do interior e do litoral galegos.
  • 06:15 h

    VIVIR AQUÍ: De casa familiar a hotel cultural

    Programa de reportaxes.
  • 06:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Carlos Amado e Raquel Domínguez. Antonio Mosquera encárgase da información deportiva.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ