CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    VIVIR AQUÍ: Vivir aquí, na Galicia bonita

    Programa de reportaxes.
  • 08:05 h

    O SAL DA TERRA: Colegas

    A través da comida, a decoración, a vida saudable e outros segredos que agochan as nosas ribeiras e acantilados, os personaxes do programa descubrirán unha nova forma de disfrutar do mar.
  • 08:50 h

    A XANTAR!: A XANTAR II 16

    Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS: TX BOS DÍAS FIN DE SEMANA 12.06.2021

    Presenta Pilar Landín.
  • 10:00 h

    EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR 4

    Programa que pretende sensibilizar a sociedade e as mulleres, en particular, sobre a necesidade de apoderarse para romper os vestixios da desigualdade existente entre xéneros e fomentar este apoderamento como escudo fronte á violencia de xénero.
  • 10:30 h

    O SON DA RIBEIRA: Cancioneiro da Costa da Morte

    Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar. O espazo dá a coñecer hoxe o cancioneiro da Costa da Morte, a través das súas xentes do mar.
  • 11:05 h

    GALICIA EMERXE: Novedades Carminha

    Ciclo de 50 concertos de destacados artistas e grupos galegos. Esta iniciativa é froito dunha colaboración da CRTVG con Agadic para apoiar o sector musical e contribuír a visibilizar o seu traballo, moi afectado polas restricións sanitarias. Diversión e música de baile, hoxe na G2, no novo concerto que trae o ‘Galicia Emerxe’ a cargo de Novedades Carminha. A banda compostelá, unha das grandes promesas do indie galego, ofrecerá unha ducia dos seus éxitos máis recentes.
  • 11:50 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. O escritor Santiago Lopo presenta hoxe en 'ZigZag' o seu novo libro 'A Carteira'
  • 12:10 h

    A REVISTA FIN DE SEMANA: REVISTA FIN DE SEMANA 12.06.2021

    Presenta Almudena de Urzáiz. A fabricación de próteses e órganos para trasplantes con impresoras 3D e as previsións para o vindeiro curso universitario, temas destacados en 'A Revista Fin de Semana'.
  • 13:45 h

    LABRANZA: LABRANZA 1591

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 15:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: DEPORTES MEDIODÍA FDS 12.06.2021

  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.06.2021

  • 15:35 h

    QUEN ANDA AÍ? O SÁBADO

    Magazine de tarde, en directo, con entrevistas, conexións e música, presentado por Marcial Mouzo e Iolanda Vázquez.
  • 18:10 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: José Faro 'Perini' (Salvador de Baía)

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. 'Facendo as Américas' pon rumbo a Salvador de Baía para coñecer o empresario de éxito José Faro 'Perini'.
  • 19:10 h

    O CLAN DAS MARIÑEIRAS: O soño de Montse Muñoz, peixeira elegante coma as ondas do mar

    Programa presentado por X.H. Rivadulla Corcón que que analiza, poñendo o foco cada semana nunha profesional do mar, o traballo primordial que desenvolven as mulleres na cultura mariñeira. 'O clan das mariñeiras' achégase no porto de Sada ao soño da peixeira Montse Muñoz.
  • 19:40 h

    CADERNO DE BITÁCORA: Manolo Vázquez, cando o ritmo das ondas é o ritmo da vida

    Cada semana, este novo espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, faralle unha homenaxe a unha persoa que traballou toda a súa vida no mar, contará o seu periplo vital e daralle unha sorpresa xuntando os seus amigos, compañeiros de traballo e familiares. O mariñeiro e aventureiro Manolo Vázquez, protagonista dunha nova páxina no 'Caderno de Bitácora'.
  • 20:20 h

    OS MARIACHI: A acampada / Licor ilegal

    Comedia de situación, con dúas historias independentes en cada entrega e con Morris e Manquiña como protagonistas, que conta o día a día dunha extensa familia ourensá coñecida polo alcume de ‘os Mariachi’. Ambientada na comarca do Ribeiro, esta serie de humor reúne destacadas facianas do audiovisual galego, como Patricia Vázquez, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Cristina Andrade, Marita Martínez e Lucía Veiga. Hoxe enredan cunha excursión ao Alto de San Telmo e co negocio de venda de licor café.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:35 h

    TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA: TX DEPORTES SERAN FDS 12.06.2021

  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 12.06.2021

  • 22:05 h

    BAMBOLEO

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Amistades Peligrosas, Martín Máez e a Orquestra Olympus, en 'Bamboleo'. Alberto Comesaña e Cristina del Valle celebrarán con Xosé Manuel Piñeiro o seu regreso aos escenarios con motivo do seu 30 aniversario.
  • 00:45 h

    EU QUERO...: Corpus

    Serie de programas coa que se fai un percorrido polos mellores produtos gastronómicos de Galicia. ‘Eu quero Corpus' viaxa hoxe por toda Galicia para descubrir historias de xente que vive esta festa con auténtica paixón. As reporteiras do programa estarán nos concellos de Ponteareas, Ares, Gondomar, Redondela e A Guarda.
  • 01:35 h

    O SAL DA TERRA: Colegas

    A través da comida, a decoración, a vida saudable e outros segredos que agochan as nosas ribeiras e acantilados, os personaxes do programa descubrirán unha nova forma de disfrutar do mar.
  • 02:20 h

    LARPEIROS: Coas vacas cachenas

    E como na mesa hai unha nena, o tema de conversa centrarase arredor dos xogos. Ao almirante dos larpeiros, Don Benigno, o tema espértalle a imaxinación e propón facer un xantar que os leve directos á infancia: guiso de xarrete con cervexa negra. Pola súa parte, Adrián visita o val do Dubra para coñecer unhas vacas cachenas que viven coma auténticas raíñas e Merchi e Leni peraparan un biscoito de pexegos e chocolate.
  • 02:50 h

    LARPEIROS: Un país de mazás

    que se pode empregar de mil xeitos na cociña e da que existen infinidade de variedades. Don Benigno, preparará coello con mazá e Adrián irá ata As Neves, onde da man de Pablo, descubrirá os traballiños que hai que pasar para cultivar mazás ecolóxicas. Para rematar, Merchi e Leni, agasallarán os larpeiros cun biscoito con marmelada de mazás.
  • 03:20 h

    A CHAVE SECRETA

    Nino é un home maior que está casado cunha bela moza. O tipo non está moi satisfeito coa súa vida sexual, pero unha posibilidade da cambio ábrese unha noite que sorprende a súa esposa dormida.
  • 05:10 h

    A XANTAR!: A XANTAR II 16

    Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.
  • 05:45 h

    EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR 4

    Programa que pretende sensibilizar a sociedade e as mulleres, en particular, sobre a necesidade de apoderarse para romper os vestixios da desigualdade existente entre xéneros e fomentar este apoderamento como escudo fronte á violencia de xénero.
  • 06:15 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. O escritor Santiago Lopo presenta hoxe en 'ZigZag' o seu novo libro 'A Carteira'
  • 06:35 h

    A REVISTA FIN DE SEMANA: REVISTA FIN DE SEMANA 12.06.2021

    Presenta Almudena de Urzáiz. A fabricación de próteses e órganos para trasplantes con impresoras 3D e as previsións para o vindeiro curso universitario, temas destacados en 'A Revista Fin de Semana'.