CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.08.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 09:00 h

    É HORA DE FESTA: Romaría de Santiaguiño do Monte

    Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. 'É hora de festa' dará hoxe conta da popular e tradicional romaría de Santiaguiño do Monte, en Padrón. O programa asistiu á carreira do burros e á procesión ao monte coñecido como O Parrandeiro, para o que hai que subir unha escaleira de máis de 120 chanzos.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1824

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 443

    Programa relixioso.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA IV 298

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 14.08.2022

    Presenta Almudena R. de Urzáiz.
  • 11:00 h

    CARBALLEIRA: XUNTOS! (CARBALLEIRA) 3

    María Mera percorrerá Galicia con ‘Carballeira’, un novo programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. O programa dá hoxe voz ás xentes da parroquia de Paramos, protagonistas de historias emocionantes.
  • 12:00 h

    O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI: O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI 5

    Os espectadores poden ver os sábados o mellor da semana na serie 'Saudade de ti'.
  • 12:40 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1082

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 13:15 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 14.08.2022

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.08.2022

  • 15:35 h

    Unha vida por outra

    Nos anos inmediatos ao remate da Guerra de Secesión, no estado de Novo México, un louco bandido mexicano á fronte dos seus homes pasa a fronteira e ameaza os rancheiros da zona, disputando ademais o amor dunha fermosa muller. Só un home valente será capaz de enfrontarse aos seus abusos.
  • 17:00 h

    LUAR DO DOMINGO: LUAR DO DOMINGO 805

    Resume das mellores actuacións da última edición do programa Luar.
  • 20:20 h

    VIVIR AQUÍ: VIVIR AQUÍ (FIN DE SEMANA) 101

    Programa de reportaxes. O espazo coñece hoxe a primeira aldea vegana galega, a sorprendente casa Abeiro da loba, situada no Camiño do Norte, e como se navega a bordo do tradicional Piueiro.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 14.08.2022

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES V 296

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' preséntase con 48.000 € no bote ante un novo grupo de concursantes. Breixo, de Melón; Manolo, de Cambados; Begoña, do Pino; Iago, de Allariz, e Guille, da Coruña, estréanse no programa co propósito de lograr o gran premio.
  • 22:40 h

    SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 29

    Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. A carreira profesional de Celia está en xogo, por romper o segredo profesional.
  • 23:15 h

    VAIA TROULA

    Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Laura Ríos e Alba Lea. Na fin de semana máis festeira, 'Vaia troula' achega unha grande escolma de celebracións por toda Galicia. Entre outras, o percorrido de hoxe amosará como transcorreron os festexos da Lamprea Seca, a Mexicana, a Maruxaina, a do Mexillón, o Desfile de Bandas Mariñeiras, e do Polbo.
  • 00:30 h

    COMISIÓN DE FESTAS: Santa Xusta de Moraña

    A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa achégase esta semana ao concello de Moraña, que acolle ano tras ano as festas celebradas na honra de Santa Xusta, a patroa da localidade.
  • 01:30 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 02:20 h

    MAREAS VIVAS: Cita a cegas

    Todo comeza cando Pitusa se anuncia na sección de amizade do xornal, e ó mesmo tempo, Curras chama ó apartado de contactos do mesmo xornal. Cando chega o momento da cita, ningún dos dous se decata de que son eles os citados.
  • 03:20 h

    MAREAS VIVAS: Día de voda

    O día está aloucado pero emocionante. Berta, Belinda e Celia axudan á noiva a elixi-lo traxe e prepara-la lista de convidados. Iria pídelle a Fito que sexa a súa parella para baila-lo vals na voda...
  • 04:15 h

    MAREAS VIVAS: Rescate

    Tras saberse que a desaparición de Iria obedece a un secuestro, tódalas culpas recaen en Suso, o pai. Sen embargo, Petróleo non cre que fora capaz de chegar tan lonxe.
  • 05:05 h

    MAREAS VIVAS: Os turistas accidentados

    Tralo susto do secuenstro da sua filla, Iria, e disposto a colaborar coa policía para axudar a desmantelar a organización mafiosa, Suso volve aparecer en Portozás pero esta vez para despedirse dela.
  • 05:55 h

    LABRANZA: LABRANZA 1603

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 06:35 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1082

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 07:05 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ