Programación
-
08:05 h
IMOS NAVEGANDO
Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. No primeiro programa, Rubén Prieto viaxará a bordo do Eureka, acompañado da actriz e presentadora Belinda Washington, para facer a ruta entre Ribadeo e Cariño. -
08:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 20.08.2022
Presenta Almudena R. de Urzáiz. -
10:00 h
OS ANDAMIOS DA HISTORIA: San Vicente do Pino (Monforte de Lemos)
Serie documental, que achega algunhas das máis relevantes xoias arquitectónicas e artísticas galegas. Dirixida por Carlos A. Quirós e presentada por Teresa Rocamonde e Paula Pita, céntrase na protección e restauración dos bens do patrimonio de Galicia. O espazo visita hoxe o mosteiro de San Vicente do Pino. Este antigo mosteiro bieito érguese no promontorio que dá nome á cidade de Monforte, dominando o Val de Lemos. -
11:05 h
QUE CASAS!
Con 'Que Casas!', a TVG entra nas casas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia da man dos seus propietarios. O programa visita vivendas espectaculares para coñecer un pouco máis o xeito de viviren dos galegos e galegas. O programa amosa vivendas espectaculares en Vigo, Xinzo de Limia, Conturiz, Fisterra e Ourense. -
11:55 h
VAIA TROULA SEMANAL: VAIA TROULA SEMANAL 9
-
12:40 h
LABRANZA: LABRANZA 1585
Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
13:20 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 20.08.2022
Presenta Chus Tanoira. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.08.2022
-
15:35 h
CARBALLEIRA: XUNTOS! (CARBALLEIRA) 4
María Mera percorrerá Galicia con ‘Carballeira’, un novo programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. O programa coñece hoxe Astariz, unha parroquia ourensá que está atraendo moita xente que atopa no rural a súa residencia. -
17:45 h
FACENDO AS AMÉRICAS: Ricardo Alfonsín
A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. O programa coñece hoxe a Ricardo Alfonsín, embaixador da Arxentina en España e fillo do sempre inesquecible Raúl Alfonsín -o carismático e lembrado presidente da República Arxentina-. -
18:45 h
DESERTORES DO ASFALTO: Palas de Rei
Aquelas persoas que desertaron de marchar e quedaron para traballar na súa terra e aquelas outras que chegaron para quedar e sumar, van ser as protagonistas desta aventura e van axudar a contar a historia de Galicia coma nunca se fixo en televisión. Presentado por Rocío Barrio. No concello de Palas de Rei, o programa visita, entre os seus veciños, o artista Davide Salvado. -
19:25 h
DESERTORES DO ASFALTO: Monterroso
Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Os espectadores coñecerán os ‘Desertores do asfalto’ de Monterroso, onde se desenvolven diferentes iniciativas que poñen en valor o rural. -
20:05 h
O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI: O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI 6
Os espectadores poden ver os sábados o mellor da semana na serie 'Saudade de ti'. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 20.08.2022
-
22:05 h
BAMBOLEO
Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Nuria Fergó, Los Players e Los Jinetes del Trópico converten nunha festa 'Bamboleo' coas súas propostas musicais. O espazo desenvolverá tamén novas edicións do ‘Agora ou nunca’, ‘A jrileira’ e ‘A ITV do amor’, amais de bailes de salón. -
00:40 h
O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI: O SÁBADO TAMEN TEÑO SAUDADE DE TI 6
Os espectadores poden ver os sábados o mellor da semana na serie 'Saudade de ti'. -
01:25 h
CLAC: CLAC 55
Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. ‘Elisa e Marcela’ recrea o primeiro matrimonio homosexual en España. O filme, coproducido pola TVG, desenvolve unha historia acontecida en Galicia e convertida en icónica loita pola igualdade de dereitos e a liberdade sexual. Previa á proxección do filme, desenvolverase un coloquio sobre a película coa produtora Zaza Ceballos e o act -
02:10 h
ELISA E MARCELA
En 1885, Elisa e Marcela coñécense na escola onde traballan. O que comeza como unha gran amizade remata nunha relación amorosa que teñen que vivir ás agochadas. Os pais de Marcela sospeitan desta relación e envíana ao estranxeiro uns anos. Á súa volta, o reencontro con Elisa é máxico e deciden ter unha vida en común. Ante a presión social e as faladurías, ambas as dúas trazan un plan: Elisa abandonará un tempo a vila para volver convertida en Mario e poder casar con Marcela, pero non todo será tan fácil par -
04:00 h
A NOITE
En Milán, tras visitar un amigo enfermo terminal nun hospital, o escritor Giovanni Pontano acode a unha festa pola publicación do seu último libro. Mentres, a súa muller Lidia visita o lugar onde viviu moitos anos atrás. Logo, durante a noite, ambos os dous acoden a unha festa na mansión do señor Gherardini, onde comezan a flirtear: Giovanni coa filla do anfitrión e Lidia, cun playboy. -
05:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva. -
07:00 h
MAREAS VIVAS: Ismael, o irmán que veu de lonxe
Pitusa recibe o correo do día e, entre as cartas, aparece unha de Currás, en que se amosa máis sensible do habitual e deixa entrever os perigos da soidade, aló no mar das Canarias. Pola súa parte, Taracido, o eterno rival de Currás, anuncia que vai vir o seu irmán, un fillo que o pai tivo na emigración, sinalando unha foto en que se ve a un tipo alto e guapo xunto a un grupo de homes de cor negra.