Programación
-
- Galicia: 08:05 h
- GMT: 06:05 h
- Portugal: 07:05 h
IMOS INDO: IMOS INDO 1
O espazo “Imos Indo” racha as constricións dos programas de entrevistas clásicos, fusionando o xénero talk show co divulgativo e empregando localizacións completamente naturais. O presentador, Quique Morales, e os seus convidados percorrerán cada unha das etapas que conforman o Camiño dos Faros, na Costa da Morte. No traxecto e a través das súas conversas, os espectadores descubrirán aspectos íntimos da vida dos persoeiros elixidos e coñecerán xentes da zona. O encargado de abrir o camiño será o actor Santi -
- Galicia: 08:55 h
- GMT: 06:55 h
- Portugal: 07:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
- Galicia: 09:30 h
- GMT: 07:30 h
- Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.06.2022
Presenta Almudena R. de Urzáiz. -
- Galicia: 10:30 h
- GMT: 08:30 h
- Portugal: 09:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Mon Santiso (de luns a xoves), Marta Gómez (venres) e María Solar (fin de semana). 'ZigZag' recibe hoxe a Julio Asorey, organizador do Festival Go! Go! Zo!, que durante este verán converterá o Monte do Gozo en lugar de referencia cultural e de ocio. -
- Galicia: 10:50 h
- GMT: 08:50 h
- Portugal: 09:50 h
FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO V 29
Programa festeiro, que dá mostra dos concertos que hai no verán galego, achegándose a súa música e ambiente. O espazo ‘Festigaliando’ arranca este domingo nova etapa na TVG desde O Son do Camiño. -
- Galicia: 11:20 h
- GMT: 09:20 h
- Portugal: 10:20 h
OS ANDAMIOS DA HISTORIA: Catedral de San Martiño de Ourense
Serie documental, que achega algunhas das máis relevantes xoias arquitectónicas e artísticas galegas. Dirixida por Carlos A. Quirós e presentada por Teresa Rocamonde e Paula Pita, céntrase na protección e restauración dos bens do patrimonio de Galicia. O espazo amosará hoxe todos os recunchos da catedral de Ourense. -
- Galicia: 12:30 h
- GMT: 10:30 h
- Portugal: 11:30 h
LABRANZA: LABRANZA 1630
Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
- Galicia: 13:15 h
- GMT: 11:15 h
- Portugal: 12:15 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.06.2022
Presenta Chus Tanoira. -
- Galicia: 14:25 h
- GMT: 12:25 h
- Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Miguel Gallego encárgase da información deportiva. -
- Galicia: 15:20 h
- GMT: 13:20 h
- Portugal: 14:20 h
NO FOCO: NO FOCO 25.06.2022
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
- Galicia: 15:45 h
- GMT: 13:45 h
- Portugal: 14:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.06.2022
-
- Galicia: 15:55 h
- GMT: 13:55 h
- Portugal: 14:55 h
SABADEANDO: SABADEANDO IV 50
Programa en directo para encher de diversión as tardes dos sábados da Televisión de Galicia con música, xogos, humor, emocionantes imaxes de arquivo e conexións en directo, achegando á casa dos espectadores as mellores festas, sorpresas e historias do máis curiosas. Presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz. 'Sabadeando' celebra hoxe 50 programas coas mellores orquestras galegas e vivindo en directo a Feira Medieval de Moaña, a Festa Castrexa de Burela, a romaría do Corpiño e as Festas de Ourense. -
- Galicia: 19:05 h
- GMT: 17:05 h
- Portugal: 18:05 h
ÚNICO: ÚNICO 6
Cando a paixón se desborda, dá lugar a historias e persoas moi interesantes. Esta é a premisa do novo programa da TVG ‘Único’, cuxo presentador, Camilo Lesta, destapará cada semana os motivos desa paixón achegándose a lugares singulares, descubrindo obxectos moi orixinais e coñecendo as anécdotas de persoas únicas. Os espectadores poderán contemplar hoxe bonsais e maquetas de trens, entre outras coleccións. -
- Galicia: 20:00 h
- GMT: 18:00 h
- Portugal: 19:00 h
IMOS NAVEGANDO: IMOS NAVEGANDO XIII
Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. A cantante Lucía Pérez, protagonista da aventura de hoxe do programa. -
- Galicia: 20:55 h
- GMT: 18:55 h
- Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva. -
- Galicia: 21:50 h
- GMT: 19:50 h
- Portugal: 20:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.06.2022
-
- Galicia: 22:00 h
- GMT: 20:00 h
- Portugal: 21:00 h
BAMBOLEO
Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Roko, Pili Pampín e Ortega ofrecen música e diversión hoxe no 'Bamboleo'. O programa contará tamén coa presenza da orquestra cántabra Super Hollywood. -
- Galicia: 00:30 h
- GMT: 22:30 h
- Portugal: 23:30 h
CLAC: CLAC 47
Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. -
- Galicia: 01:20 h
- GMT: 23:20 h
- Portugal: 00:20 h
TROTE
Carme vive nunha aldea do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e precisa trotar, fuxir, dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. -
- Galicia: 02:45 h
- GMT: 00:45 h
- Portugal: 01:45 h
LEMBRANDO A GALICIA IX: LEMBRANDO A GALICIA IX 1237
-
- Galicia: 03:20 h
- GMT: 01:20 h
- Portugal: 02:20 h
O SON DA RIBEIRA: Rumba dos cinco mariñeros
Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar. -
- Galicia: 03:55 h
- GMT: 01:55 h
- Portugal: 02:55 h
O SON DA RIBEIRA: O ghaiteiro
Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar. -
- Galicia: 04:25 h
- GMT: 02:25 h
- Portugal: 03:25 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva. -
- Galicia: 05:15 h
- GMT: 03:15 h
- Portugal: 04:15 h
LIBRO DE FAMILIA
María perdeu o neno e non quere volver ver a Marcos, pero cando vai xunto a Óscar, ambos os dous dubidan de se haberá algún xeito de poderen estar xuntos. Pola conversa que escoitou, Deli pensa que o seu home vai morrrer, pero o certo é que aínda non recibiu a noticia de se o tumor de Freire é benigno ou maligno. Pola súa parte, Ramón pensa que ten todo baixo control, pero con Álvaro esperto e sen conseguir poñerse en contacto con Lupe, só hai tempo para unha medida desesperada. Mentres, Milucho e don Venan -
- Galicia: 06:25 h
- GMT: 04:25 h
- Portugal: 05:25 h
MATALOBOS
Matalobos é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia, que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos. O motivo é que na vila hai cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán por eles. -
- Galicia: 07:10 h
- GMT: 05:10 h
- Portugal: 06:10 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Mon Santiso (de luns a xoves), Marta Gómez (venres) e María Solar (fin de semana). 'ZigZag' recibe hoxe a Julio Asorey, organizador do Festival Go! Go! Zo!, que durante este verán converterá o Monte do Gozo en lugar de referencia cultural e de ocio.