CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    O SAL DA TERRA: Unha parella ideal

    A través da comida, a decoración, a vida saudable e outros segredos que agochan as nosas ribeiras e acantilados, os personaxes do programa descubrirán unha nova forma de disfrutar do mar.
  • 08:50 h

    en emisión

    A XANTAR!: A XANTAR II 18

    Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS: TX BOS DÍAS FIN DE SEMANA 19.06.2021

    Presenta Pilar Landín.
  • 10:00 h

    EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR 5

    Programa que pretende sensibilizar a sociedade e as mulleres, en particular, sobre a necesidade de apoderarse para romper os vestixios da desigualdade existente entre xéneros e fomentar este apoderamento como escudo fronte á violencia de xénero.
  • 10:30 h

    O SON DA RIBEIRA: Foliada mariñeira

    Programa que pretende poñer en coñecemento da audiencia todo o tesouro musical da cultura mariñeira. Neste espazo, dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón, as agrupacións musicais do mundo do mar presentarán a súa música, ao tempo que se fará visible a relación desta música cos diferentes traballos do mar. A ‘Foliada mariñeira’ e as calidades de mariñeiras que aman o oficio, protagonistas desta edición.
  • 11:10 h

    GALICIA EMERXE: Xoana

    Ciclo de 50 concertos de destacados artistas e grupos galegos. Esta iniciativa é froito dunha colaboración da CRTVG con Agadic para apoiar o sector musical e contribuír a visibilizar o seu traballo, moi afectado polas restricións sanitarias. A G2 comparte hoxe a mensaxe social da música de Xoana, nun novo concerto do ciclo 'Galicia Emerxe'.
  • 11:50 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. A autora Concha Blanco, homenaxeada na XXVII edición de ‘Escritora na súa Terra’, visita este sábado o programa 'Zigzag'.
  • 12:10 h

    A REVISTA FIN DE SEMANA: REVISTA FIN DE SEMANA 19.06.2021

    Presenta Almudena de Urzáiz. O espazo pon o foco hoxe na nova normativa da Unión Europea que afecta ás mariscadoras e asiste en directo en Lugo á celebración do Arde Lucus.
  • 13:45 h

    LABRANZA: LABRANZA 1592

    Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 15:05 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: DEPORTES MEDIODÍA FDS 19.06.2021

  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.06.2021

  • 15:35 h

    QUEN ANDA AÍ? O SÁBADO

    Magazine de tarde, en directo, con entrevistas, conexións e música, presentado por Marcial Mouzo e Iolanda Vázquez. Tarde festiva e musical no programa, que celebra o regreso das bandas de música e das orquestras, coa presenza de Os Satélites e Panorama, entre outras formacións.
  • 18:25 h

    EU QUERO...: Eu quero viño

    Serie de programas coa que se fai un percorrido polos mellores produtos gastronómicos de Galicia. 'Eu quero viño' propón esta noite unha viaxe deliciosa e divertida polas cinco denominacións de orixe galegas. As reporteiras do programa aprenderán a distinguir os viños e gozarán do seu sabor pola Coruña, Ribadavia, Rías Baixas, Monterrei, A Rúa, O Barco, Ribeira Sacra e Ourense
  • 19:30 h

    FACENDO AS AMÉRICAS: Sor Salud

    A TVG segue o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achéganse un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional. 'Facendo as Américas' seguirá hoxe a pegada en México de Sor Salud, unha monxa moi emprendedora que fundou a rede de colexios Miraflores.
  • 20:30 h

    OLÍMPICOS EN XOGO: Enman. Reyes + R. Germade + Hist. 1996 Alba Caride)

    Programa dedicado os deportistas de Galicia que preparan a súa participación nos Xogos de Tokio 2021 (Xapón).
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
  • 21:35 h

    TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA: TX DEPORTES SERAN FDS 19.06.2021

  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.06.2021

  • 22:05 h

    ESPECIAL LAND ROBER 2021: Land Rober Express

  • 22:40 h

    BAMBOLEO

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. O último da cantante gaditana Merche e do grupo galego Mon Band, esta noite en 'Bamboleo'. Este sábado de festa estará amenizado por unha das grandes formacións da verbena galega, a orquestra Olympus, que ofrecerá unha selección de temas do seu repertorio.
  • 01:15 h

    EU QUERO...: Eu quero verán

    Serie de programas coa que se fai un percorrido polos mellores produtos gastronómicos de Galicia. Para celebrar a chegada dunha das épocas máis agardadas do ano, 'Eu quero verán' propón hoxe un refrescante percorrido por toda Galicia. As reporteiras do programa visitarán Sanxenxo, O Grove, as Illas Cíes, Ourense, Lugo, Santiago e Fisterra, entre outros lugares, para descubrir os seus atractivos nesta estación.
  • 02:05 h

    CASA DE COMIDAS: CASA DE COMIDAS 3

    Programa que dá a coñecer aqueles locais que fan as delicias dos comensais coa súa cociña tradicional. Neste programa, descubriranse os segredos de establecementos que na actualidade son xestionados polos fillos, netos e mesmo bisnetos dos fundadores. "Casa de Comidas” visitará Casa Amador, de Coles; Mesón Pontenova, de Samos; restaurante Manolito, da Coruña, e Casa Inés, de Cotobade.
  • 03:00 h

    DE BARES: DE BARES 26

    Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
  • 03:45 h

    LARPEIROS: Mexillóns á vista!

    en vinagreta ou con arroz, pero ao final decidiuse por facer un guiso que deixará aos larpeiros pampos. Empregando un pouco de prebe de tomate que preparara a primeira hora o cociñeiro convidado Carlos Parra, don Benigno vai anunciar un auténtico prato de festa, guiso de mexillóns con lagostinos.
  • 04:15 h

    LARPEIROS: Saúdos ás robalizas

  • 04:50 h

    FORT APACHE

    Rematada a Guerra de Secesión, o xeneral Owen Thursday, tras ser degradado, é enviado a Fort Apache en calidade de coronel para facerse cargo do mando. O forte, situado no medio do deserto de Arizona, é un posto militar fronteirizo cuxos soldados están curtidos na loita contra os apaches mescaleiros.
  • 06:55 h

    A XANTAR!: A XANTAR II 18

    Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.
  • 07:35 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego. A autora Concha Blanco, homenaxeada na XXVII edición de ‘Escritora na súa Terra’, visita este sábado o programa 'Zigzag'.