CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso 'O sucesor de Juan Pardo', programa Eventos G

 

Mecánica do programa

A Televisión de Galicia busca ao sucesor de Juan Pardo nun programa especial de ‘Eventos G’. Realizará un cásting por toda Galicia para atopalo e para poder participar no mesmo haberá que enviar un vídeo de presentación. Entrarán nun proceso de selección do que sairán os catro finalistas que participarán no programa.

 

Condicións

- Ter entre 18 e 35 anos.

Enviar un vídeo de presentación para participar no proceso de selección dos 4 finalistas do programa.

  • A duración non excederá o minuto.
  • O participante debe presentarse no inicio dicindo nome, apelidos, lugar de procedencia e idade
  • O participante debe explicar por que el podería ser o sucesor de Juan Pardo, cantar algunha canción... Terá liberdade para presentar o que considere e valorarase a orixinalidade e a creatividade da peza. 
  • O vídeo deberá cumprir coas seguintes características técnicas para poder facer uso do mesmo:   
  1. Relación de aspecto horizontal.
  2. Formato mp4. 
  • Deberán enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: sucesorJP@crtvg.gal.

- O participante dará o seu consentimento expreso para que a CRTVG poida utilizar os vídeos enviados en calquera dos medios precedentes á Compañía Radio e Televisión de Galicia.

- O participante autorizará o tratamento e utilización dos datos persoais para a súa participación no concurso.