CRTVG

Buscar

Concursos

Bases do concurso 'Adiviña onde está', do programa Luar

O programa “Luar” da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., domiciliada en San Marcos s/n e con CIF A-15073349, emitido na cadea de televisión TELEVISIÓN DE GALICIA e polas distintas canles de internet, co desexo de premiar a fidelidade da súa audiencia, convoca a primeira edición do xogo ADIVIÑA ONDE ESTÁ.

NORMAS APLICABLES

O concurso réxese polas presentes regras particulares accesibles na dirección www.crtvg.es. O mero feito da participación implica a aceptación incondicional destas.

A Cadea resérvase o dereito para expulsar do xogo a calquera concursante que non cumpra coas bases legais en calquera momento do seu desenvolvemento.

As bases estarán publicadas durante a duración do xogo na paxina web da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

LEXITIMACIÓN PARA PARTICIPAR

Poderán participar no xogo “ADIVIÑA ONDE ESTÁtodas aquelas persoas, maiores de 18 anos ou maiores de 16 que se atopen emancipados e que actúen conforme ao procedemento aquí descrito.

Non poderán participar no xogo os traballadores da CRTVG, da coprodutora do programa, ou das empresas que presten servizos para este programa, nin os familiares dos devanditos traballadores ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (incluídas as parellas de feito). Tampouco poderán participar aquelas persoas que manteñan relacións de amizade cos traballadores vinculados ao “xogo” que teñan capacidade de decisión sobre o mesmo. 

O incumprimento destas condicións dará lugar á eliminación automática do participante e á obrigación de devolver o premio obtido no seu caso.


DINÁMICA DO XOGO

 O presentador do programa LUAR, durante a súa emisión en directo, e a partir do momento en que a dirección deste decida, irá facilitando números ata completar as nove cifras do número telefónico ao que os espectadores poderán chamar para participar no xogo.

Nun momento determinado aparecerán no escenario ou set de presentación tres caixas pechadas. Cada unha delas estará rotulada e designada por un número do 1 ao 3 (Caixa 1 – Caixa 2 – Caixa 3)

Nunha desas caixas haberá 500€ ou a cantidade que corresponda segundo o especificado nestas bases, outra conterá un xamón e a caixa restante estará baleira.

A cantidade económica referida e/ou o xamón poderán ser substituídos nas caixas por tarxetas rotuladas indicando a que agasallo corresponden.

A liña telefónica correspondente ao número facilitado previamente quedará aberta cando a dirección do programa así o determine, sendo esta apertura comunicada aos espectadores polo presentador do programa para que poidan chamar a partir dese momento.

O presentador atenderá a primeira chamada e convidará á persoa coa que estableza o diálogo telefónico a participar no xogo e a escoller unha das tres caixas.

O PARTICIPANTE elixirá unha das tres caixas e acadará como agasallo o contido da caixa que seleccione.

Calquera que sexa a decisión do participante, en canto á caixa seleccionada, o presentador abrirá as tres para comprobar os seus respectivos contidos.

No suposto de entregar o agasallo de 500€ na primeira chamada, o seguinte participante xogará elixindo entre tres caixas, pero advertido de que unha delas contén un xamón e as outras dúas están valeiras.

No suposto de entregar o agasallo do xamón na primeira chamada, o seguinte participante xogará elixindo entre tres caixas pero advertido de que unha delas contén os 500€ e as outras dúas están valeiras

As caixas poderán ser variadas de posición cada vez que se reciba unha nova chamada telefónica.

No caso de rematar o programa sen entregar o agasallo económico este pasará a formar un “bote” que se sumará aos 500€ do seguinte programa no que se volva a xogar. Neste caso, nunha caixa haberá o importe correspondente aos 500€ máis o “bote” acumulado, outra conterá un xamón e a caixa restante estará baleira.

O presente xogo comezará no mes de outubro e rematará o 23 de decembro de 2022 reservándose a CRTVG o dereito de modificar ou suspender o concurso temporal ou definitivamente cando as necesidades de programación e audiencia así o aconsellen.

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. queda exonerada de toda responsabilidade en caso do mal funcionamento das redes de comunicación que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas a ela e especialmente par actos externos de mala fe.

No caso de dúbida na interpretación do resultado do xogo, recorrerase ao exame exhaustivo das imaxes gravadas e, no seu caso, ao ditame da Dirección do Programa, que será vinculante para os participantes.

No caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases prevalecera o criterio da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.


PREMIOS

No caso de que o participante gañase algún premio a CRTVG esixirá como requisito previo a súa entrega a acreditación da identidade do gañador, a cuxo fin este deberá achegar o seu DNI/ NIE e teléfono de contacto.

No caso de obter o premio en metálico deberan facilitar o número de conta bancaria con código IBAN da que sexa titular onde desexe recibir o importe do premio.

As persoas que obteñan o agasallo deberán facilitar a Corporación Radio e Televisión de Galicia S.A., os datos necesarios para o envío do referido obsequio que só poderá ser enviado a un enderezo situado dentro da Comunidade autónoma de Galicia.

Os premios entregaranse nun prazo máximo de noventa días despois de ser facilitada a documentación a que se refire este apartado.

Os premios caducarán cando transcorridos cento oitenta (180) días contados a partir do día seguinte á data da súa participación, o gañador non cumprise os requisitos necesarios para poder obter o premio sendo requirido para iso pola “CRTVG”.

Os premios abonaranse por calquera dos sistemas de pagamento admitidos en España, a completa discreción da “CRTVG”.

Conforme á normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitirase ao gañador un certificado de retencións e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

 

CESIÓN DE DEREITOS

A participación no “Xogo” implica obrigatoriamente a aceptación desta cláusula.

O participante polo mero feito de participar no “Concurso” outorga mediante a aceptación destas bases o seu consentimento expreso para que a Corporación RTVG poida indistintamente empregar o seu nome e/ou voz en calquera medio e a través de calquera forma de comunicación, incluída a publicidade e/ou promoción do “Concurso” en todo tipo de actividades relacionadas co xogo, xa sexa por si mesmas ou a través de terceiros, sen limitación temporal nin territorial e sen percibir remuneración por iso.

A titulo enunciativo pero no limitativo a Corporación RTVG poderá emitir as gravacións nas que participen os concursantes en calquera medio de difusión e/ou programas, promocións ou na web de “CRTVG”, así como nos seus servizos móbiles, de forma completa ou fraccionada, por separado ou de forma agrupada.


PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Corporación RTVG) informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e á libre circulación deses datos (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no xogo, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento deste. Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo aqueles datos necesarios para poder entregar o premio, salvo que exista obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda.

Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade por correo postal á dirección propia da Corporación RTVG indicada no encabezado do contrato, ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control.


MODIFICACIÓN DE BASES

A “CRTVG” resérvase o dereito de retirar ou cambiar estas bases por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, modificando no necesario as presentes Bases.


ACEPTACIÓN DAS BASES E LEXISLACIÓN APLICABLE

A participación no “xogo” supón a aceptación expresa destas bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas efectúe a dirección do “xogo”, cuxo criterio prevalecerá.

Serán competentes para coñecer os litixios que puidesen exporse os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, renunciando expresamente os participantes ao foro que lle puidese corresponder.


ATENCIÓN DE RECLAMACIÓNS

O concursante poderá efectuar as súas reclamacións en relación co xogo por calquera destas vías:

Por escrito, mediante escrito enviado a CRTVG, domiciliada en San Marcos s/n (Santiago de Compostela).

A través da conta de correo electrónico: info@crtvg.gal.

No caso de que se comprobe un erro na interpretación das bases por parte da dirección do “xogo”, o participante será convidado a volver participar no “xogo” durante un día que se fixe de mutuo acordo entre o participante e a dirección do “xogo”.