Vivir aquí
Xente namorada
“Vivir aquí” repasará os costumes máis típicas do día dos namorados a través de cinco reportaxes. Así, falarán cunha parella a piques de celebrar os 60 anos de casados e con outra que acaba de pasar polo altar. Tamén contará a súa historia de amor unha parella de mulleres.
Dúas cousas son as principais cuestións que hai que ter en conta no día de San Valentín, ademais da persoa coa que compartir a celebración: os agasallos e a maneira de festexalo. Típico destas datas son as flores, os perfumes ou os bombóns. “Vivir aquí” dedicará unha reportaxe aos regalos propios da data, algúns típicos, como os anteriores, e outros máis innovadores e creativos.
Para celebrar o día de San Valentín hai quen opta por unha cea, unha película romántica ou mesmo unha viaxe.