CRTVG

Buscar

Vivir aquí

A fibra en Pontecaldelas / Casas rápidas / Librarías de terceira xeración

22/08/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:00 SUMARIO
01:05 A fibra en Pontecaldelas
10:16 Casas rápidas
18:20 Libraria de terceira xeracion

Coa volta ao rural que está provocando a pandemia do coronavirus, póñense de manifesto as súas carencias. Unha delas, en moitos lugares, é a conectividade a internet. Un exemplo de como solventala é o que desenvolveu en Ponte Caldelas unha pequena empresa familiar, Áurea Telecom, que ofrece fibra ás vilas e aldeas da contorna e que ten detrás unha historia de emprendemento feminino moi interesante. 

Moitos dos que están volvendo ao rural, quéreno facer nas súas propias casas. O boom da construción é tal que as empresas non dan feito., como lle sucede a Home 3, pioneira na construción de casas modulares para os que queren un novo fogar en semanas.

Máis antigua é a historia da libraría Cao, de Pontevedra, que sobrevive baixo a dirección dunha nova xeración, a terceira da mesma familia, intentando sobrevivir tamén ás limitacións que impón a pandemia do coronavirus. 

Atopar capítulo por: