CRTVG

Buscar

Vivir aquí

As outras vacinas da nosa vida / Empresa covas de sal contra covid / Galicia fai testamentos / Programa Galicia Bonita

25/04/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:00 As outras vacinas da nosa vida
12:04 Empresa covas de sal contra covid
20:18 Galicia fai testamentos
27:48 Programa Galicia Bonita

Neste programa facemos un repaso polas outras vacinas que forman parte da nosa vida desde hai décadas, vacinas que tamén teñen a súa historia e algunhas ademais pasaron por certa polémica cando se aprobaron. 

A covid segue  adentrándose a novos territorios, por exemplo o dos tratamentos respiratorios. Unha das novas opcións que chega a Galicia é a das covas de sal, unha proposta que xa funciona en Vigo e Oleiros e que abre novas posibilidades para recuperar pulmóns danados.

Outra consecuencia da actual pandemia, se cadra a máis dramática, é a maior presenza da morte e as súas consecuencias na sociedade. Constátano os notarios e todos os implicados na redaccion de testamentos. Repasamos as preferencias dos galegos neste sector.

Finalmente achegámonos a un dos éxitos desta temporada na Televisión de Galicia, o programa de reformas 'Galicia Bonita'. Visitamos unha das casas polas que pasou o equipo de arquitectura e xardiñería do programa para ver como manteñen a reforma nun dos lugares xa traballados.

 

Atopar capítulo por: