CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Información sanitaria hoxe / Volve o Circo dos Muchachos / Abre Hotel Nidos de Carnota

18/04/2021 14:00 h

Índice de contidos

00:00 Información sanitaria hoxe
11:19 Volve o circo dos muchachos
24:31 Abre Hotel Nidos de Carnota

Coñecemos o servizo de prensa do Complexo Hospitalario de Ourense, pioneiros en achegar a información da Covid e a dos seus afectados. Atoparon a fórmula para conxugar a protección de traballadores sanitarios e pacientes e a necesidade dos medios de comunicación de información e imaxes para cumplir co seu deber de informar. A súa historia sérvenos para conmemorar este Día Internacional dos Dereitos dos pacientes, que se celebra este domingo 18 de abril.

Tamén recollemos neste programa a historia pasada e actual do Circo dos Muchachos que volven reinventarse e ofrecer espectáculo. Desde as vellas instalacións da Cidade dos Muchachos en Ourense, antiguos alumnos, actuais lendas do circo en todo o mundo, volveron poñer en marcha esta empresa que mestura espectáculo e un xeito de vida cheo de valores para mozos e mozas con circunstancias problemáticas.

E no percorrido que estamos facendo por Galicia na procura de novas empresas que abren malia a pandemia, sobe todo de servizos hostaleiros, achegámnos a unha moi peculiar. Unha oferta turística na praia de Carnota que combina turismo e ornitoloxía.

 

Atopar capítulo por: