CRTVG

Buscar

Mellor xuntos

Vicogalo, Sacaúntos, Algueirada e Cofuncovi

29/11/2016 18:45 h

“Melllor xuntos" desprázase a Mos, onde visita uns amantes dos galos e das galiñas que traballan en Vicogalo, cooperativa que pretende recuperar a sona da raza autóctona da pita e convertela nun produto gourmet.  

Despois, en Compostela, o programa coñece Sacaúntos, unha cooperativa gráfica, e Algueirada, dedicada á xestión cultural na rede e que manten que o importante na Internet son os contidos.

A viaxe remata na cidade da Coruña, onde está Cofuncovi, unha cooperativa de vivendas do parque ofimático que ten claro que o difícil traballo de promover as vivendas faise mellor acompañado. 
 

Atopar capítulo por: