CRTVG

Buscar

Latexos da cidade

Toque de queda 3

09/01/2021 20:00 h

No programa de hoxe coñeceremos como diversas empresas, institucións e profesionais, conseguiron adaptarse ás medidas preventivas contra a Covid para continuar desenvolvendo o seu cometido. Achegámonos a Coruña, onde descubrimos que o COVID mudou incluso o tipo de accidentes que teñen que socorrer os bombeiros. En Ourense veremos de primeira man como se adaptou a Praza de Abastos ás novas medidas, e como cambiaron os hábitos de compra dos ourensáns. Visitamos un colexio en Ferrol, que adaptou todas as súas instalación e horarios á situación sanitaria, sen perder a ilusión e enerxía. En Pontevedra achegámonos á facultade de fisioterapia onde as medidas de seguridade son moi importantes sobre todo nas prácticas, e en Santiago vemos como a hostelería se adaptou á nova situación. E tamén viaxamos con taxistas das cidades de Pontevedra e Vigo para ver como é unha quenda durante o toque de queda.

Atopar capítulo por: