CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Tempo de caza

22/01/2015 22:30 h

Para prepararse para toda unha xornada no monte, na compaña de afeccionados á caza, o equipo “Sopa de Festa” achegarase ata unha armería lalinense para saber, por exemplo, cal é a indumentaria aconsellable para saír a cazar e tamén distinguir e coñecer os tipos de arma e munición regulamentaria para cada unha das especies que se poden cazar en Galicia. 

Unha vez que están claros os preparativos, o espazo da TVG desprazarase ata A Peregrina, en Santiago de Compostela, para acompañar un nutrido grupo de afeccionados á caza que participan nun campionato de arcea, unha das especies de caza menor máis difíciles de atrapar.

Rematada xa a xornada, o cociñeiro Juan Mallo preparará para as cámaras do programa unhas arceas. O equipo compartirá co grupo de cazadores participantes no campionato un divertido xantar. Ademais, a colaboradora Churra achegarase tamén a Santiago para cociñar no restaurante Don Quijote xunto a súa xefa de cociña, Matilde Rodríguez, unha saborosa ración de xabaril.

Atopar capítulo por: