CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Telexornal Serán

27/10/2021 20:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
06:29 Pedro Sánchez convoca as vicepresidentas Nadia Calviño e Yolanda Díaz para solucionar a crise interna pola reforma do mercado laboral
08:26 O presidente do PP acusa a Pedro Sánchez de ocultar aos españois o que asinou con Europa sobre a reforma laboral
09:03 O Goberno prepara un borrador para revisar o imposto de plusvalía, anulado polo Tribunal Constitucional
10:49 A sinatura de hipotecas disparouse en Galicia máis dun 60 % en agosto con respecto ao mesmo mes de 2020
11:19 As exportacións desde Galicia medraron case un 23 % entre xaneiro e agosto
11:45 A Comisión Galega da Competencia considera excesiva a compensación económica que recibiu Audasa polas obras de ampliación da autoestrada AP-9
13:34 O Goberno renegocia os prezos coas construtoras para que non paren os traballos polos sobrecustos das materias primas
14:03 A falta de materias primas chegou tamén ao sector téxtil
15:34 O Goberno de Alxeria garantirá a suministración actual de gas natural a España e os incrementos que puidésemos precisar no futuro
16:34 A bombona de butano custa en Portugal case 10 euros máis ca en España
16:54 Os portugueses son maioría entre a clientela das gasolineiras galegas da raia
18:09 Portugal irá a eleccións anticipadas, despois de que o Goberno socialista non acadase apoio para sacar os orzamentos
19:25 O Bloque Nacionalista Galego non presentará emenda á totalidade ao proxecto de presupostos xerais do Estado, como si fixeron o ano pasado
19:50 Os orzamentos da Xunta para o próximo ano terán o maior gasto social da historia
22:29 Esta noite celébrase o debate entre os dous candidatos a liderar o Partido dos Socialistas de Galicia
24:31 A xustiza europea impón unha multa dun millón de euros diarios a Polonia por vulnerar a independencia xudicial
25:37 O exxefe da contraintelixencia venezolana acusa o fundador de Podemos, Juan Carlos Monedero, de recibir pagos do Goberno de Nicolás Maduro
26:10 O Tribunal Constitucional anula tamén o segundo estado de alarma decretado entre novembro de 2020 e maio deste ano
26:35 España queda preto de volver ao risco medio, mentres Galicia segue en nova normalidade a pesar dunha lixeira repunta de contaxios
27:20 Sanidade manterá durante o mes de novembro as restricións vixentes agora mesmo nos eventos deportivos
27:50 Os estudantes afixéronse a axustar os gastos pola pandemia
29:17 Fabiola García lembra que a Xunta soporta o maior peso da factura da dependencia en Galicia
29:59 Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León abandonan o grupo de traballo sobre o lobo
30:29 O dono dun can pastor fálanos de como lle afectará a lei que obrigará a xubilar os animais ao chegar a unha idade
32:28 Abaten un xabaril de 154 quilos na Ribeira Sacra
33:01 Un novo dispositivo tecnolóxico permite predicir con total precisión o parto das vacas
34:21 Aumenta a forza dos terremotos na illa da Palma
36:44 Quítanlle 45.000 euros da conta a unha veciña de Santiago mediante unha nova estafa telemática
38:33 Aumentan as estafas a través de Bizum
40:02 A Garda Civil dá por desartellada unha rede que vendía heroína por distintos concellos da comarca de Bergantiños
40:20 Unha familia da localidade luguesa de Rábade séntese enganada polos seus caseiros
41:49 Un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios sitúa Vigo como a cidade española máis cara para morrer
43:53 Un peregrino suízo coa metade do corpo paralizada está a percorrer o Camiño Francés nunha bicicleta adaptada
45:26 Os cogomelos poderían servir de antídoto contra a depresión
47:00 A empanada do cociñeiro Pepe Solla venderase en diferentes gasolineiras de Repsol
48:24 Os doces típicos de Todos os Santos xa enchen as vitrinas das pastelarías
50:49 As reservas para a ponte de Santos rozan o cen por cento en Galicia
53:02 O tempo
54:28 Sortean unha cesta de Nadal valorada en 2.400 euros en Maceda
56:51 O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a oitava edición dos Premios Martín Códax da Música
58:08 'O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra' é o título da exposición que mañá abre as súas portas na Cidade da Cultura
01:00:13 Nova presentación da web G24.gal, máis cómoda de usar en calquera dispositivo
01:01:38 Despedida

Atopar capítulo por: