CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía lingua de signos

24/11/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:09 Vótanse no Congreso os presupostos xerais do Estado, que sairán adiante co apoio dos grupos da investidura
09:06 O Congreso debaterá o imposto á banca, ás enerxéticas e ás grandes fortunas
10:05 A reforma do delito de sedición pasa o seu primeiro exame no Congreso
12:18 Lambán, contra a reforma do delito de sedición
12:43 Advertencia no Congreso a Rego, do BNG, por falar da monarquía como "corrupta"
13:27 Os vídeos da traxedia de Melilla serán visionados mañá a porta pechada polos voceiros dos grupos na Comisión do Interior
14:02 Pedro Sánchez interveu no encontro da Unión Internacional das Xuventudes Socialistas
14:24 6 parlamentarios do PSdeG mándanlle unha carta a Ferraz para apoiar o deputado Martín Seco, contra o que a dirección do partido en Galicia abriu un expediente disciplinario
14:51 Antón Gómez-Reino non repetirá como líder de Podemos Galicia
15:08 37.000 pensionistas galegos cobrarán a principios de 2023 o complemento ás pensións non contributivas que normalmente non se lles ingresa ata finais do exercicio
17:19 División entre os ministros de Enerxía da Unión Europea, que debaten a proposta para limitar o prezo do gas a 275 euros o megawatt hora
17:48 España rexeita o límite ao prezo do gas que propón a Comisión, mentres Alemaña e os Países Baixos o defenden
19:27 A Xunta calcula que o AVE Vigo-O Porto vai estar listo tres anos máis tarde na parte española que na portuguesa
20:08 Os usuarios das liñas de proximidade en Galicia quéixanse de deficiencias nas conexións
22:18 O Goberno recoñece que deixará preparado o sistema de pago nas autovías para que se aplique no momento axeitado
23:00 Os prezos dos carburantes experimentan unha baixada
25:27 O sector da construción di que ten un problema de falta de man de obra
26:12 Comeza no Reino Unido unha folga á que están convocados os profesores universitarios, mestres e traballadores do servizo de correos
27:11 O fiscal di que o modo de actuar de Abuín é de libro, e fai unha comparación entre o crime de Diana Quer e a suposta violación da súa excuñada
30:07 O grupo de narcotraficantes que caeu esta semana no Salnés tiña no seu poder cinco toneladas de haxix
30:33 O exxerente da área de seguridade na circulación da zona noroeste do Adif defende as medidas de seguridade na curva do accidente do Alvia
31:55 Un traballador de 42 anos faleceu esta mañá nas instalacións do estaleiro Cardama de Vigo
32:18 Viralízanse as imaxes dunha pelexa na zona de copas de Ferrol
32:43 Cae un muro pola chuvia acumulada en Vigo
34:39 As aeroliñas españolas pídenlle ao Goberno que a máscara deixe de ser obrigatoria dentro dos avións
36:39 Os pediatras piden que tomemos medidas de prevención para evitar os contaxios de bronquiolite
38:53 Sanidade di que a o abastecemento de preparados con amoxicilina volverá á normalidade nos próximos días
40:10 O 15 por cento dos adolescentes de entre 12 e 19 anos tiveron ideas suicidas tras a pandemia, e un 9 por cento intentouno, segundo un informe de ANPE
40:53 O restaurante Pepe Vieira volve ao traballo despois de sumar a segunda estrela Michelin
43:07 A Axencia de Doazón de Galicia fai un chamamento para que doemos sangue
44:31 O tempo
45:28 O Goberno galego acordou hoxe designar novo embaixador do Camiño de Santiago a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
45:53 O Consello da Xunta aprobou esta mañá unha declaracón institucional polo 25-N no que condena toda agresión contra as mulleres
46:47 O ministro do Interior participou en Pontevedra nos actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
47:18 Despedida

Atopar capítulo por: