CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

22/07/2021 14:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Mediodía
05:57 O Sergas abre a autocita para vacinar os mozos de 16 a 19 anos
07:59 Comeza en Santiago a vacinación do grupo de 20 a 29 anos
10:14 Evolución do coronavirus en Galicia
10:44 A partir do sábado haberá 12 concellos con restricións na área sanitaria de Vigo
11:05 En conxunto, os concellos da área sanitaria de Vigo teñen a taxa de positividade máis alta da pandemia
13:53 A segunda área sanitaria máis castigada é a de Pontevedra
14:21 A hostalería do Salnés móstrase preocupada polas restricións
16:24 Saímos á rúa para coñecer as dúbidas que xorden sobre as novas medidas
18:29 Evolución do coronavirus en España
18:48 Os expertos sinalan dous motivos polos que se dispararon os contaxios: a relaxación do uso da máscara e a variante delta
21:26 O executivo insiste en que o confinamento domiciliario foi unha decisión proporcional e garantista cos dereitos fundamentais
22:13 A ministra de Transporte reafirmou que o AVE galego a Madrid entrará en servizo antes de finais de ano
23:25 Galicia recibirá máis da metade dos fondos pesqueiros repartidos entre as CCAA
24:25 O BNG reclama unha xestión descentralizada dos fondos europeos, dende Galicia e repróchalle ao PP que non apoiara ese modelo cando se votou no Congreso
24:55 Traballadores de Ence concentráronse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para esixir que se convoque a mesa de diálogo sobre o futuro da planta de Lourizán
25:25 CCOO convocou esta mañá unha mobilización en Vigo para reclamar unha solución para o sector naval
25:45 CCOO convocou outra protesta para esixir ao Goberno que cumpra os compromisos adquiridos coas organizacións sindicais para mellorar o SMI e a derogación da reforma laboral
26:11 Os sindicatos consideran discriminatorio o decreto do Goberno para facer fixos sen necesidade de oposición os traballadores que leven 10 anos ocupando unha praza que nunca saíse a concurso
26:51 Dispárase o gasto de luz e gasóleo nas granxas
29:08 A Xunta recibe mil solicitudes para recuperar 21.000 hectáreas abandonadas
30:11 O Executivo galego aprobou hoxe a licitación por 40 millóns para seleccionar as empresas que investiguen no aeródromo de Rozas
30:29 Abanca remonta tras a pandemia e logra un beneficio de 157 millóns no primeiro semestre do seu exercicio fiscal
31:30 A compañía galega Greenalia compra nos EUA unha sociedade de xeración de enerxías renovables
31:53 A Xunta pide diálogo aberto co Goberno para abordar temas como o reparto dos fondos
32:34 A Xustiza paraliza cautelarmente a entrega de 34 millóns de euros para o rescate de Plus Ultra
33:00 Para o Partido Popular, é necesaria unha autoridade independente que xestione os fondos europeos, para que non queden exclusivamente en mans do Goberno
33:38 No Tribunal de Contas segue o proceso de embargo a 34 exaltos cargos da Generalitat por gastos indebidos relacionados co procés entre 2011 e 2017
34:11 A quinta onda da Covid deu de cheo no Barbanza, que nos últimos 7 días rexistrou unha incidencia acumulada de 250 casos por cen mil habitantes
36:14 Hosfega pide á Xunta que non inclúa a medida de entrar nos establecementos dalgúns concellos co rexistro de vacinación ou cunha proba negativa
36:47 Os socialistas galegos apoian as novas medidas adoptadas pola Xunta, pero piden máis axudas á hostalería
37:27 Ante esta quinta onda da pandemia, o BNG acaba de solicitar que se reúna a Deputación Permanente do Parlamento, o órgano que queda activo na Cámara cando hai vacacións
37:51 O Goberno chinés rexeitou a posibilidade de realizar unha segunda investigación que poida determinar a orixe do coronavirus
38:16 O Xulgado do Penal 1 de Ferrol condena a cárcere e multa a dúas mulleres, nai e filla, po colocar unha gravadora para espiar o pai
39:00 A Policía Nacional detivo en Santiago dúas persoas que se facían pasar por avogados especializados en trámites de estranxeiría para estafar inmigrantes
40:13 Máis de 250 inmigrantes conseguen entrar en Melilla
40:41 Dúas mulleres morreron nas últimas horas en Pozuelo de Alarcón e Sabadell, presuntamente asasinadas polas súas parellas
41:09 As axudas para incentivar o emprendemento feminino contan este ano cun orzamento de 3,2 millóns de euros.
42:46 O bonito e o polvo volven estar presentes nas mesas de verán
43:47 Os bañistas da Illa de Arousa poden loitar contra o furtivismo chamando ao teléfono que aparece nos carteis das praias
45:39 Aos peregrinos resúltalles complicado atopar aloxamento nos albergues debido á limitación da súa capacidade
47:20 Os fogos do Apóstolo volverán ter cinco escenarios en diferentes puntos de Compostela
49:11 Amarante, a xoia da ruta do románico portugués
50:18 Adianto do Tempo
50:55 O lume arrasa o oeste dos EEUU
51:14 As chuvias torrenciais deixan xa máis de 30 mortos na China; doce deles no interior dunha liña do metro que quedou anegada
51:45 A Xunta acaba de iniciar a tramitación do anteproxecto da lei de mellora da xestión da auga, que prevén enviar ao Parlamento en outono
52:30 A ministra de Facenda está hoxe en Ferrol para asistir á sinatura do acordo entre Navantia e Iberdrola para a fabricación de bases para parques eólicos mariños
53:12 Adianto de contidos do programa 'Quen Anda Aí? de verán'
53:51 Despedida coa música de Triángulo de Amor Bizarro, que estarán en directo no Terraceo de Vigo o vindeiro sábado 31 de xullo

Atopar capítulo por: