CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Telexornal Mediodía

23/07/2021 14:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Mediodía
06:41 Repasamos as restricións da hostalaría nos niveis alto e máximo
08:31 O ocio nocturno poderá abrir nos concellos en niveis máximo e alto, pero só nas terrazas
10:50 Evolución do coronavirus en Galicia
11:10 A quinta onda da covid segue avanzando e aínda non se chega a dobrar a curva
13:25 Ingresa en Vigo unha moza de 22 anos con pneumonía bilateral tras dar positivo en coronavirus
15:17 Feijóo asegura que a autocita para menores de 19 anos só se abre para cubrir ocos que quedan das outras franxas de idade
16:02 Hoxe 11.000 mozos menores de 20 anos poderán solicitar unha cita para vacinarse
17:14 Darias asegura que teremos que vacinarnos todos os anos contra a Covid e que ademais será necesaria unha terceira dose de Pfizer e Moderna
18:32 A ministra de Sanidade avanzou cal será o seguinte debate que terán os expertos científicos: vacinar ou non os máis pequenos
19:11 Sanidade recomenda a vacinación en embarazadas
21:43 O TSXG autoriza limitar as reunións en Galicia
23:00 A aeroliña Plus Ultra di que acreditará debidamente que precisaba financiamento público e que colaborará coa xustiza
23:36 O PP pídelle ao Goberno que permita a investigación do rescate de Plus Ultra no Congreso se non ten nada que ocultar
24:03 A ministra de Defensa di que son os populares os que non respectan o estado de dereito por non renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial
24:32 Alberto Núñez Feijóo reuniuse hoxe por primeira vez co novo comité de dirección do PPdeG que saíu do congreso de hai unha semana
26:01 Un informe presentado por Abanca asegura que Galicia recuperará a mediados de 2022 os índices económicos previos á pandemia
26:48 O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pide máis implicación do Goberno central no Xacobeo 2021-2022
27:26 Ana Pastor pídelle ao Goberno que reparta os fondos europeos con criterios transparentes e xustos con Galicia
28:01 Antonio Garamendi afirma que máis importante que os fondos europeos é que o Goberno central non faga a reforma laboral que pretende
28:41 O presidente da Xunta pediu un acordo entre os partidos políticos sobre as enerxías renovables, especialmente importantes en Ferrolterra
29:19 Os traballadores de Alcoa San Cibrao manterán en suspenso a folga ata o dous de agosto
29:45 Nunhas horas esgotáronse nas farmacias galegas os tests de antíxenos que se venden sen receita, pero os farmacéuticos alertan de que, no caso de contacto estreito, hai que notificalo e realizar unha PCR
31:46 Os contaxios seguen medrando en Ourense, pero a menor ritmo, e os expertos auguran que a curva podería baixar nos próximos días
34:10 O concello de Avión é o segundo con maior incidencia de Galicia
35:50 Realizan un cribado entre a poboación de 18 a 30 anos de Foz, Viveiro e Ribadeo
37:23 Polémica na Guarda pola ocupación dunha vivenda na parroquia de Camposancos
39:24 Un ancián de 86 anos faleceu ao caer o seu coche ao mar no porto de Bueu
40:10 A Patrulla Águila do Exército do Aire, unha das patrullas de acrobacias aéreas máis prestixiosas do mundo, acaba de aterrar no aeródromo de Santiago de Compostela
40:46 Compostela énchese de turistas con vistas ao Apóstolo
43:01 Alfonso Rueda asinou o protocolo de acondicionamento do centro de saúde de Arcade como área de descanso para os peregrinos e veciños de Soutomaior
43:31 Milleiros de peregrinos camiñan estes días cara a Santiago nas vésperas da celebración do día grande de Galicia
46:03 A TVG convértese na primeira televisión pública española en retransmitir en directo en 5G
47:03 Tras a nebulosidade de días pasados chega unha borrasca que ademais trae chuvia
48:54 Axentes galegos da Garda Civil están durante este verán colaborando coas forzas de seguridade portuguesas en zonas turísticas do país veciño
50:35 O robot Da Vinci, un dos sistemas cirúrxicos máis avanzados do mundo, chega agora á Sanidade Pública de Galicia
52:03 A familia Franco pide investigar á Avogada Xeral do Estado polo inventario do Pazo de Meirás
52:34 O xuíz Santiago Pedraz finaliza a investigación sobre os papeis de Bárcenas
52:52 Unha empresa familiar de Monterrei fabrica destilados a base de pataca gaelga e cebada
54:41 Adianto do Tempo
55:22 A confederación de empresarios da Coruña entregoulle hoxe o premio Recoñecemento Empresarial ao presidente de Iberdrola
55:41 A semana que vén celebrarase na Coruña e tamén a través de Intenet a primeira edición do Galicia Design Weekend
56:05 Adianto de contidos do programa 'Quen Anda Aí? de verán'
56:50 Despedida coa música da cantante Amy Winehouse, que falecía hai unha década aos 27 anos

Atopar capítulo por: