CRTVG

Buscar

Estache bo!

Solla en salsa de licor atlántico

05/05/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 solla Fariña Sal e pementa Reladura dun limón PARA A SALSA DE LICOR: 50 gr de fariña 50 gr de manteiga 400 ml de caldo de peixe 1⁄2 cunca de viño branco 1⁄2 cunca de licor atlántico 1 cullerada de ceboliño moi picada PARA A TIXOLA DE PATACAS: 3 ou 4 patacas en anacos 1 cebola en xuliana Machucado de allo e perexil Sal e pementa

Elaboración:

Para cociñar unha boa salsa con licor atlántico, precisamos fariña, manteiga, caldo de peixe, media cunca de viño, un cuarto de cunca de licor atlántico e unha culle- rada de ceboliño. Ligamos todos estes ingredientes nun cazo e cocemos ata conseguir o espesor desexado e reservamos. Nunha tixola friximos as patacas coa cebola, escoamos o aceite e volvemos a in- corporar na tixola con allo, perexil e un chico de aceite. Salteamos dous minutos. Friximos a solla previamente salpementada e enfariñada. Empratamos coas pata- cas e a salsa, e listo para comer...!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Lousame, a Roxana, membro da empresa Licores Berrimes, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o licor atlántico.

Atopar capítulo por: