CRTVG

Buscar

Era visto

Sisi / O emprendedor / O zoupón de Lameiro

05/05/2014 22:00 h

A proposta de humor costumista galego que cada luns realiza o programa “Era Visto!”, con historias e personaxes do universo rural, comezará hoxe con Moncho sorprendido por unha aplicación que trae o seu novo teléfono móbil: un asistente persoal cunha sensual voz feminina da que acabará irremediablemente namorado.

No seguinte sketch de “Era Visto!”, Kevin anuncia que vai facer algo coa súa vida e decide ser emprendedor. Sorprendentemente ten moito éxito, pese a non emprender negocio ningún nin saber exactamente o que significa ser emprendedor.

Finalmente, na última historia da noite, os espectadores verán como a Moncho lle gustaría que Lameiro fose coñecido por ter un Entroido como o de Laza ou Verín. O problema é que a vila nunca tivo esta celebración tradicional, así que decide inventala.

Atopar capítulo por: