CRTVG

Buscar

Sen código postal

Víctor visita Xinzo da Limia

30/04/2022 19:00 h

Xinzo da Limia é o concello no que recala o carteiro da Galega neste novo capítulo. Terra por excelencia do entroido, irá buscar a David Prado, un deseñador e xestor cultural que durante moitos anos formou parte da comisión do entroido e da asociación A Pantalla.

Será el quen propoña catro sitios representativos da vila para facerse coa banda de embaixador. As patacas de Xinzo, a torre da Pena o mosteiro de Trandeiras, o entroido e o hipódromo de Antela, un percorrido que non vai deixar indiferente a ninguén.

Atopar capítulo por: